20 días no Xeral
Fáiseme estraño, logo de tantos anos de ser ela a coidar de todos nós, organizar quendas para vir ter conta dela. Esta noite, despois de 20 días na UCI, é a súa primeira noite na habitación, a primeira de moitas.
Fálolle pero ela non di nada, apenas move as pálpebras de cando en vez sen abrir os ollos, e eu sigo falando, e así unha e outra vez entre aloumiños e bicos.
Seguimos agardando, non sabemos ben o que, pero disque a mellor medicina para estes doentes é o amor. Tentarei devolverlle o que poida, collo a súa man e aprétoa, ela non pode. Isto vai ser moi duro, mamá está en coma.
Maio 28th, 2009 at 8:23 am
forza e sorte.
Maio 28th, 2009 at 9:37 am
Non vai ser duro, xa o está sendo. Lévao sendo 20 días e tu estás sendo mui forte…
Muito ánimo, Opaco.
E un millón de bicos
Maio 28th, 2009 at 6:39 pm
moito ánimo pra seguires. e unha aperta
Maio 28th, 2009 at 7:03 pm
Unha aperta ben ben forte.
Maio 28th, 2009 at 8:47 pm
colle un pouco do noso agarimo para empregalo o mellor que poidas.
Apertas fortes.
Maio 29th, 2009 at 1:00 pm
Un abrazo forte opaco, e milleiros de bicos de toda a rede.