Apps para o Nokia E71

Malia ser un de tantos dos que non gustaba do sistema operativo Symbian, logo duns meses a usar o Nokia E71, onte mesmo recomendaba a súa compra baseándome na experiencia de levar probados uns cantos aparellos de similares características.

Quizais a súa maior eiva é a interfaz de usuario e a súa usabilidade, pois de pouco vale que sexa rápido, multitarea e estable se non se lle pode tirar o proveito debido a que fai falta moito click polos menús para chegar á aplicación, páxina web, fotografía, canción,… que desexamos.

Aínda así, aos que estean afeitos aos Nokia non lle custará explotar as características deste trebello, que coa grande cantidade de aplicacións dipoñibles pódese persoalizar ata o punto de converterse nun aparello estable que deixa de ser lento e complexo na súa utilización, e que ademais de todo o software que vén instalado por defecto (Quickoffice, Adobe PDF, Nokia Podcasting, Compartir en línea, Notas ou o Diccionario) hai uns poucas aplicacións para o cotío que melloran moito a experiencia, sendo case que todas instalables desde o propio navegador do móbil visitando os links que puxen a seguir,

Para navegar na web, aínda que vén por defecto un navegador baseado no Webkit, o Opera Mini,

Para chat baixo calquera protocolo e mais VoIP, incluindo Skype (sen video) tanto a través de 3G coma wifi, ou ben Nimbuzz ou Fring,

youtube_symbian

No aspecto multimedia, adáptase perfectamente á pantalla do teléfono a aplicación nativa de Youtube, unha marabilla para Symbian; como tamén o fai Mobbler , para reproducir o contido de last.fm, un servizo que agora se pasou aos de pago, ou QIK para emitir video en tempo real a través da rede de xeito bastante decente.

Pola banda das aplicacións que tiran proveito do GPS do teléfono, Nokia Sports Tracker , Google Maps e a última versión de Nokia Maps que poden acompañar ao navegador GPS favorito, sexa TomTom, Igo, Sygic ou calquera outro para Symbian.

No grupo dos que aportan melloras ao software que vén preinstalado, o Handy Calendar, da mesma casa que Handy Safe, como sustituto da axenda, Calcium, da calculadora, ou JbakTaskMan, do xestor de tareas e, para o explorador de arquivos, Y-Browser.

Logo, apuntar unhas xoíñas coma Nokia Messaging, que xa nos novos modelos da casa finesa é o xestor de mensaxería instalado por defecto, JoikuSpot, na súa versión gratuita Lite, que convirte o noso teléfono nun router que reparte a conexión a redes 3G vía wifi nunha rede adhoc aberta a calquera aparello wifi que se desexe conectar, e que na versión de pago pode protexerse con WEP e WPA, ou mesmo o FreeTimeBox, unha pequena utilidade de entre moitas outras que existen para engadir un reloxo á barra de menús e telo sempre á vista dentro de calquera aplicación.

gravity_twitter

E para o final, a última novidade para Symbian, Gravity, un cliente para twitter, que en apenas un mes desde a súa aparición diría que é a mellor aplicación que teña nunca visto correr nun móbil Symbian, algo que considero que a xente de Nokia debería ter moi en conta, ademáis do feito de ir mellorando con sucesivas actualizacións desde a versión 1.00, tanto que a experiencia de uso é tan satisfactoria como a de calquera bo cliente de escritorio, coa ventaxa de levalo na palma da man onde sexa que esteas.

gravity_twitpic

Porque a estas alturas, imos sabendo todos o que é twitter, non?

gravity_trends

E se alguén quere saber algo máis da miña experiencia co Nokia E71, que o comente aquí …ou me pete no twitter.

2 thoughts on “Apps para o Nokia E71

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *