Monthly Archives: Abril 2009

Apps para o Nokia E71

Malia ser un de tantos dos que non gustaba do sistema operativo Symbian, logo duns meses a usar o Nokia E71, onte mesmo recomendaba a súa compra baseándome na experiencia de levar probados uns cantos aparellos de similares características. Quizais a súa maior eiva é a interfaz de usuario e a súa usabilidade, pois de

Outra vaca entre a herba

Hai cousa de 20 anos, o que foi Ministro do Interior español e actual voceiro do PSOE no Congreso dos Deputados, José Antonio Alonso Suárez, e o actual Fiscal General do Estado, Cándido Conde-Pumpido Tourón, xunto con moitos outros asinaban o “Manifiesto de Málaga por una nueva política de drogas”[pdf]. Nunha entrevista posterior, o voceiro

Bücherland, a Terra dos Libros

Xogando con lugares imaxinarios sobre un mapa e amosándoos coma se formasen territorios nun mundo real, o ilustrador alemán Alphons Woelfle (1938) cartografiou a Terra dos Libros nesta Karte des Bücher Landes, coa que din en Strange Maps, e dividiu Bücherland, a Terra dos Libros, en diferentes países, Leserrepublik (República dos Lectores), Vereinigte Buchhandels Staaten

Praias de Galicia para Google Earth

Impresionante traballo é o que vén de realizar o Grupo de Investigación en Recursos Mariños e Pesquerías da Universidade da Coruña ao crear unha capa para Google Earth con información das praias galegas. Con esta capa, visible abrindo un kmz para Google Earth chamado Praias de Galicia, facilítase a visualización da información que xa, desde

Avaliación en jpg

Por seguir coa tradición, unha imaxe que podemos ler, e lemos, con perspectiva.

Escachapiollos

Na dos meus pais había o filvit e supoño que mo botarían na cabeza malia non lembrar o cheiro que disque ten, pero ao ler no bló de L&M das cousas que se aprenden dos piollos, aínda podo ver á miña nai a catarnos os piollos e eliminándoos ao xeito tradicional, escachándoos coas unllas dos