Simetría nun país normal

Moitas veces sorpréndome fedellando por dentro dos programas P2P por ver quen e a que velocidade comparte datos comigo e con tantos outros coma min, e outras tantas veces chámanme a atención algunhas desas IPs estranxeiras que son quen de sementar enteiriño e desde unha soa IP o meu ancho de banda de baixada e facer que o download dunha serie de televisión non leve máis que uns minutos.

En cambio, desde IPs galegas, segue sendo difícil ter un bo ratio de subida/baixada por mor da cada vez maior asimetría das nosas conexións á rede, que só priman o aumento da velocidade de baixada e non da de subida, facéndonos difícil devolverlle á rede o que ela nos dá.

Así, a semana pasada déuseme por comprobar, tirando do velocímetro de R, a velocidade da rede que estaba a utilizar por terras da Baixa Saxonia. Despois de facer varias probas onde a velocidade variaba segundo o momento do día, xa que non era o único utilizador da rede, saiu a seguinte captura de pantalla,

testvelocimetro

O resultado é o dunha conexión simétrica de 10Mbps cun ping de 26 ms, unha velocidade que, non hai tanto tempo, só estaba a disposición de redes locais que se instalaban en vivendas ou oficinas do noso país para ordenadores que estaban a apenas uns metros de distancia.

E esta é a velocidade que me deu R, o me fornecedor de acceso á rede hai uns minutos,

velocimetro

Si, as comparacións seguen sendo odiosas, sobre todo tendo en conta que teño unha conexión xeitosiña para os tempos que corren.

No Comments

Deixa unha resposta

Your email is never shared.Required fields are marked *