Grüße aus Niedersachsen

Isto é o que ocorre cando se tenta acceder a gmail.com desde estas terras, unha páxina en branco co texto como sigue,gmail_germanyIsto é desde que Google perdera de xeito definitivo o ano pasado os dereitos da marca Gmail en Alemania ao existir xa un servizo de correo chamado Gmail.de, pasando a chamar ao seu servizo Google Mail na que só cambia o logo da versión web; polo demais, con calquera outro cliente de correo nin do cambio se decata un.

gmail_germany_logo

E é que ando polas terras do Weserbergland, onde sitúan os Irmáns Grimm os máis dos seus contos, o día transcorre entre Hameln, onde o turismo está volcado co 725 aniversario do Cazarratos de Hamelin, que é como se coñece por acó ao seu frautista, e mais Bodenwerder, onde está o hotel, a poucos metros da casa que foi residencia do Barón de Münchhausen. Pero como isto non é un conto nin estou de vacacións, voume descansar e invito a visitar os tuits que vou deixando polo camiño a calquera que desexe saber algo máis. Tschüss.


3 Responses to “Grüße aus Niedersachsen”

Leave a Reply