Hai uns meses foi noticia que o conselleiro de Innovación e Industria e mais o director xeral da CompañÃa de Radio Televisión de Galicia asinaran un convenio de colaboración que permitirÃa a posta en marcha dunha base de datos en liña de topónimos internacionais en galego e, ata hoxe, nada volvemos saber.
A idea é establecer uns criterios xerais de adaptación ao galego de topónimos que empregan alfabetos distintos ao latino ou que conteñen sons non existentes en galego, asà como indicacións de lectura para a súa pronuncia, desde o momento que os criterios de adaptación dos topónimos estranxeiros non están unificados e en diferentes atlas, manuais e dicionarios danse solucións distintas.
Estas adaptacións chámanse por aà fóra exónimos, que veñen a ser o nome co que se designa un accidente xeográfico situado fóra da área onde se fala unha determinada lÃngua; asÃ, o exónimo francés para Santiago de Compostela é Saint-Jacques-de-Compostelle ou o exónimo galego para London é Londres. Estes exónimos eran a forma principal pola que os accidentes xeográficos máis importantes eran coñecidos por outros pobos ata ben entrado o século XX cando os nomes de lugares distantes eran adaptados para facilitar a pronuncia nas súas propias lÃnguas, moitas veces malinterpretando a pronuncia orixinal.
Pero a chegada de internet tamén permitiu o acesso direto aos nomes orixinais, isto é, aos endónimos, que veñen sendo os nomes que se lle dan aos accidentes xeográficos na lingua ou linguas utilizadas onde se localiza ese accidente; asà o endónimo do que nós coñecemos como Gales é Cymru, ou como o de Austria é Österreich.
Este desenvolvemento das comunicacións ten facilitado a aprendizaxe de endónimos por pobos moi distantes xeográfica e culturalmente e ten feito que xurdan cada vez máis máis voces desde instancias polÃticas que recomendan que os topónimos se utilicen na súa lÃngua orixinal e que non se constrúan novos exónimos. AsÃ, a ONU ten formulado recomendacións para proporcionar un nomenclátor xeográfico único en todo o mundo.
Alema falaba, nun post do seu blog, desta tendencia como dun snobismo (ou esnobismo) coma outro calquera e remataba cun Arriba os exónimos en galego! que aproveito para apoiar desde aquà cun concurso para snobs xogo para acertar con nomes de paÃses polo seu endónimo sen guglear nin wikipediar, (agora actualizado coas respostas dos comentarios)
- Ningizimu Afrika, Sudáfrica
- Pilipinas, Filipinas
- Al-JazÄ’ir
- Piruw, Perú
- BhÄrat, India
- Hanguk
- Magyarország, HungrÃa
- Shqipëria, Albania
- Suomi, Finlandia
- Wuliwya, Bolivia
- Sakartvelo
- Kalaallit Nunaat, Grenlandia
- al-Urdunn
- Hayastan
- Ködörösêse tî Bêafrîka, República Centroafricana
- LubnÄn, LÃbano
- Crna Gora, Montenegro
- Sesel
- ZhÅngguó, China
- ÄŒesko, Chequia
Porque a min se me enchen os oidos e sorrÃo por dentro cando oio falar de Capetón, longa vida aos exónimos.
aà aÃ
duro
o malo do tema dos exónimos é que algunha xente cae nunha perversión, que é a seguinte: “se queremos que respecten os nosos topónimos, tamén nós temos que respectar os de fóra”.
e o que hai de fondo é o debate de se en español internacional de España debe dicirse “La Coruña” ou “A Coruña”.
pero é un erro facer vÃnculos entre unha cousa e outra.
unha cousa é que en español se diga “La Coruña” -cada idioma ten potestade en usar os exónimos que queira- e outra cousa é que se respecte a legalidade en documentos oficiais, etc.
os cataláns din “La Corunya” e os franceses “La Corogne” e en todos os casos aparece o L… igual que acontece en castelán.
un saúdo, opaquiño
my hero desde que rescatou a ratiña lola :D
e outra cousa
:D
eu pensaba que capetón era cap breton
:D agora sei que é cape town (ou cidade do cabo) :D
1.Namibia????
2.Filipinas
3.AndalucÃa
4.Perú.
5.Beirut.
6.Bangcoque!!!
7.HungrÃa.
8.Siberia.
9.Finlandés.
10.Bolivia.
11.Saraxjevo.
12.Nova Celandia.
13.Albacete.
14.Kazajstan.
15.Ãfrica do sul.
16.LÃbano.
17.A Coruña.
18.Londón.
19.Saigón.
20.Chequia.
Qué máquina! 5 de 20!!!
1. Sudáfrica
2. Filipinas
3. Libia
4. Perú
5. ?
6. ?
7. HungrÃa
8. Albania
9. Finlandia
10. ?
11. ?
12. ?
13. ?
14. ?
15. República Centroafricana
16. ?
17. Montenegro
18. ?
19. China
20. Chequia
as puntuacións van como siguen; 7 acertos tivo cossimo e 10 acertos foron os de cesare :)
alema, descúbrese vostede de terra adentro, Capetón de toda a vida, como foi que se adaptou do nome que levan as popas dos barcos que viñan do Sur de Ãfrica :)
cossimo, as mellores respostas, as que non respondÃan a nomes de paÃses :D
cesare, sorpréndenme os seus acertos, pero Libia de toda a vida lle é Libiya, capital Tarabulus, pregúntelle a alema ;)
o 99,99% da poboación pinzarÃa o seu exame
:D
é imposible ler todos os idiomas do mundo
e logo temos un 0,01% que soña con utopÃas :)
Engado: BhÄrat=India, Kalaallit Nunaat=Groenlandia, al-Urdunn=Paquistán?