O robots.txt de Obama

Non paran de chegar datos desde a outra beira do Atlántico a conta do cambio presidencial que veñen de facer na presidencia dos Estados Unidos. Polo de agora e desde esta beira, os únicos cambios visibles que podemos ver desde a chegada de Barack Obama á Casa Branca foi o cambio en whitehouse.gov, que no seu compromiso de facer a súa presidencia a máis aberta e acccesible da historia vén de facerse, polo de pronto, máis accesible aos motores de búsqueda.

Se co seu redeseño chega un máis claro acceso á información, un deseño máis atractivo e unha nova licencia Creative Commons onde antes só había Copyright, o arquivo robots.txt, o arquivo de texto que, ubicado no directorio raíz dun sitio web, é o encargado de dicirlle aos robots dos motores de búsqueda (como Google) cales son as páxinas que poden indexar ou as que non para ofrecelas entre os resultados do que a xente busca, vén tamén de cambiar, e moito.

Así, Jason Kottke decatouse de que o robots.txt do whitehouse.gov de Bush tiña cerca de 2400 liñas onde se lle impedía acceder aos motores de búsqueda a outros tantos lugares; parecía máis ben que o sitio fose deseñado para non ser indexado. Un exemplo,

User-agent: *
Disallow: /cgi-bin
Disallow: /search
Disallow: /query.html
Disallow: /omb/search
Disallow: /omb/query.html
Disallow: /expectmore/search
Disallow: /expectmore/query.html
Disallow: /results/search
Disallow: /results/query.html
Disallow: /earmarks/search
Disallow: /earmarks/query.html
Disallow: /help
Disallow: /360pics/text
Disallow: /911/911day/text
Disallow: /911/heroes/text

No novo sitio, co cambio, pasouse de 2400 retriccións aos buscadores a apenas unha, este é o novo robots.txt do whitehouse.gov de Obama,

User-agent: *
Disallow: /includes/

Probablemente non sexa máis que un indicio, pero xa é un exemplo de que a campaña que se desenvolveu ao redor das redes sociais terá continuación na nova administración.

Mentres tanto, en España, a Mariano Rajoy ábrenlle unha conta de seu en Facebook O_o

2 Comments

Deixa unha resposta

Your email is never shared.Required fields are marked *