Non son fanático da astronomía pero unha das lembranzas que teño da infancia no rururbán era ter o ceo limpiño para poder ver as estrelas e de cando, todos os veráns, quedabamos ata tarde para ver as primeiras Bágoas de San Lourenzo, bágoas que desapareceron e só fomos quen de volver ver logo de estar obrigados a coller o coche e desprazármonos a algún punto limpo.
Polas visitas á de pawley xa sabía da existencia da Conferencia Internacional en Defensa da Calidade do Ceo Nocturno e o Dereito a Observar as Estrelas e, agora, sei grazas ao apunte da Cartoteca que onde vivo é zona branca, con moi alto nivel de polución lumínica que apenas dá para ver segundo as condicións atmosféricas entre 0 e 15 estrelas.

O mapa, onde se distinguen as grandes concentracións de poboación do sur de Galiza así como as vías de comunicación como fontes de contaminación lumínica, é da AVEX, que ademáis de manter o Cartes de pollution lumineuse de France cunha chea de mapas sobre contaminación lumínica de Francia entre os que inclúen capas para Google Earth, tamén alberga outra serie de mapas sobre a contaminación lumínica da Península Ibérica. Ademáis do mapa interactivo de polución lumínica de España e Portugal para ver desde o navegador, baixo o Cartes de pollution lumineuse d’Espagne et Portugal hai versións en PDF nas que paga a pena pararse a ler o texto das lexendas.
E ti, de que cor tes o ceo?
A min dáme a impresión de que se trata dunha aproximación mediante a sobreposición de 2 ou 3 capas de información xeográfica diferentes: o ceo de noite (tipo google earth at night), o mapa de estradas e un mapeado das localidades que coinciden coas manchas da primeira capa.
Quizá no voo desa zona houbera algo: incendios, san xoán, ou simplemente unha mala calibración das intensidades lumínicas.
é que se non é unha aproximación dubido que dean explicada a representación de Trás-os-Montes, polo menos vese estraña