O tren do Modernismo

Quizais cando a Ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, dixo o outro día en Vigo que Galicia se ha subido al tren de la modernidad á hora de presentar os novos trens que unen Galiza e Barcelona estaba pensando no Modernismo, unha corrente artística de finais do século XIX e primeiros do XX.

Posiblemente fose novidoso o anuncio dun tren que reduce o tempo de viaxe entre Vigo e Barcelona de 16 horas, o tempo que leva voar de Londres a Tokio, a 14 horas, coma nun voo de Barcelona a Bos Aires, de terse anunciado sequera no século XX, pero estamos en 2009 e ese mesmo día do anuncio a mamá de opedro collía un tren en Pontevedra con destino Vigo ás 8:32 que só chegaría ás 9:13, un traxecto de 41 minutos, cando se supuña que chegaba ás 9:05. No martes mamá chegou en tempo, decidiu coller un autobús que xunto con outros moitos vehículos conxestiona os accesos a Vigo desde unha autoestrada de peaxe que pagamos todos e algún máis pasando pola ponte de Rande, esa mesma ponte da que falan en ampliar …cos cartos de quen?

Por certo, estou buscando novas por saber se o mesmo anuncio que fixo a ministra en Vigo tamén o fixo en Barcelona, pero parece que non foi así; sería que non era aceptable facelo en Barcelona, ou é que non se atreveu? Aló a nova deberíana titular cun Galicia segue a perder o tren da modernidade.

alco1808

Pódese ler algo máis ao redor desta «noticia noticiosa» no apunte de Trens de Galicia de Arume dos Piñeiros. A foto foi roubada na  de ACAF, Asociación Compostelana de Amigos do Ferrocarril.

One Comment

  • pues mira, yo te estoy dispuesta a cogerlo(tomarlo), de noche, en coche cama, cuando, por fin! venga mi hermano.
    ese tren tiene un «feeling! !!!!
    eso de despedir el sol en el oeste y recibirlo en el este, además llegas a Sants.
    (hace cuatro años hice un viaje en él; vi a dos polis que custodiaban a un preso, ví tantas cosas en la cafetería…bah, es q. me parecen más importantes otras cosas que esa de quitarle el romanticismo al shangai exprés.Al fin hay aviones.
    la ministra esa parce un personaje del jueves.
    besosx3
    emma

Deixa unha resposta

Your email is never shared.Required fields are marked *