OpenStreetMap 2008
Ito é unha empresa británica que ofrece servicios para profesionais do transporte e que, á súa vez, colabora en varios proxectos relacionados con OpenStreetMap, dos que quizais o máis substancioso é osm mapper, un producto que permite monitorizar cambios nos contidos dentro dunhas determinadas áreas xeográficas e analisar os datos aportados.
Con eses datos, Peter Ito e o seu equipo veñen de crear unha animación en vídeo no que se pode ver como foi o ano 2008 desde OSM [OpenStreetMap] amosando a actividade das aportacións en todo o planeta ao longo do ano.
Con liceza Creative Commons CC-BY-SA e combinando os datos de OSM, a música de Vincent Gerès e mais a experiencia de Ito para visualizar datos xeo-espaciais: OSM 2008, a Year of Edits