Predicindo a gripe

Hai uns días Manuel Gago, desde un post de Capítulo 0, comentaba que detectara a través das estatísticas de acceso ao seu blog desde google como, no caso das vieiras, se advertía que determinados restaurantes se buscaban reiteradamente, ou, como agora que está próxima a publicación da nova Guía Michelin volve detectar entradas desde google que ben puidesen apuntar indicios ou sinalar direccións.

En cambio, desde google é pouca a información que nos chega sobre as procuras dos seus usuarios . Ata agora apenas había o Google Zeitgeist cun resumo deses datos, e desde que presentaron Google Trends tamén podemos ver gráficos desas procuras, ou mesmo Google Insights para filtralas temporal ou xeograficamente.

Todo iso está moi ben, pero se un blog pode detectar movementos polas visitas que trae google, que che será o que podería saber google?

Esta semana, ducias de feeds anunciaban a aparición de Google Flu Trends, o nome do novo proxecto de google.org, a póla filantrópica de google que se adica a tirar o mellor da información que recolle google para fins sociais,

Google Flu Trends nace coa intención de estudiar e aprender como as procuras que facemos a través de google buscando información sobre a gripe poden apuntar á actividade do virus. Contando con que somos moitos os que procuramos información médica na rede e que unha grande parte facémolo a través de google, despois de xeolocalizar a procedencia desas consultas e cruzar eses datos cos que recolle o Centro para Control e Prevención de Enfermidades dos Estados Unidos, o CDC, aparece unha clara relación entre o número de consultas relacionadas coa gripe nunha zona determinada dos Estados Unidos segundo a procedencia da súa IP e a incidencia da gripe nesa mesma área segundo os datos recollidos polo CDC.

google_cdc_comparison.png
Dase por feito que non todos os que buscan pola parabra gripe van estar afectados dela, pero ao ver o video que amosa o funcionamento de Google Flu Trends queda claro que as posibilidades que ten google para analisar tendencias e patróns segundo as ubicacións dos seus usuarios no espazo e no tempo é inimaxinable.

No Comments

Deixa unha resposta

Your email is never shared.Required fields are marked *