Tipografía autonómica
Dou a través de Papel Continuo e dos seus telex cun moi interesante proxecto que están a desenvolver un grupo de profesores da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, proxecto no que están a rescatar rótulos tradicionais do comercio da provincia de Pontevedra que aínda sobreviven á globalización comercial e á especulación inmobiliaria.

Para o proxecto crearon un set en Flickr chamado Tipografía Regional; polo de agora son 103 fotos e subindo.
De onte mesmo é a que máis me gustou, Peluquería de Señoras Manolo.
Por pedir, só lles falta xeolocalizar as fotos …pero como di o outro, beizóns!
Novembro 6th, 2008 at 7:19 pm
en la biblioteca de esa Facultad también se puede pedir un CD y el proyecto de fin de carrera con un archivo fotográfico de las distintas pontevedras: comerciales, de barrio, histórica (además de las rotulaciones, los sinsentidos, graffittis y otras imágenes de la Pontevedra cotidiana).
Novembro 6th, 2008 at 11:57 pm
[...] de Pontevedra Grazas a un bo amigo meu, que me manda unha ligazón a este post de Opaco descubro esta xenial galería fotográfica sobre os antigos rótulos comerciais da provincia de [...]
Novembro 7th, 2008 at 12:02 am
[...] de Pontevedra Gracias a un buen amigo mío, que me manda un enlace a este post de Opaco descubro esta genial galería fotográfica sobre los antiguos rótulos comerciales de la provincia [...]
Novembro 8th, 2008 at 6:34 pm
Vaia, pois en Ourense cidade tería moitos expoñentes deste tipo de arte pre globalizada…
Paréceme un proxecto xenial!
Novembro 18th, 2008 at 10:11 am
Moitísimas gracias polo post sobre este proxecto. Como ben dis, estamos a subir máis fotos e intentaremos que o proxecto non se quede tan só nunha conta de Flickr. A ver si a cousa vai para diante. Moitas gracias de novo e noraboa tamén por este opaco que tamén nos ilumina a todos