Monthly Archives: Novembro 2008

Ensaimada amb sobrassada

Antònia Font actuaron por primeira vez nesta terra. Na Fábrica de Chocolate, foi onde demostraron que malia cantar no seu catalán de Mallorca pódese encher unha sala de concertos de Vigo un xoves pola noite. Alí mesmo comentaba co zerovacas o seu post de hai uns meses (de primeiros de 2007) onde a pregunta era

O día que non houbo novas

É o primeiro vídeo que poño aquí do Flickr, que no seu sistema non permite videos de máis de 90 segundos; titúlase The Day There Was No News e aproveita a metade dese tempo para amosar presentadores dos informativos da BBC caladiños coma petos a mirar para a cámara. Mentres e por debaixo deles, os

Encolando metadatos e mapas

Disque había, hai menos dun mes, uns 90 millóns de fotos xeoetiquetadas en Flickr, isto é, fotos con información tal que a latitude e lonxitude do lugar onde foron sacadas, e moitas delas ademais cunha descripción xeográfica («Na Praia de Rodas», «Pazo de Raxoi en Santiago», «Porta de Carlos V en Viveiro»,…) Ese número segue

Predicindo a gripe

Hai uns días Manuel Gago, desde un post de Capítulo 0, comentaba que detectara a través das estatísticas de acceso ao seu blog desde google como, no caso das vieiras, se advertía que determinados restaurantes se buscaban reiteradamente, ou, como agora que está próxima a publicación da nova Guía Michelin volve detectar entradas desde google

Tipografía autonómica

Dou a través de Papel Continuo e dos seus telex cun moi interesante proxecto que están a desenvolver un grupo de profesores da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, proxecto no que están a rescatar rótulos tradicionais do comercio da provincia de Pontevedra que aínda sobreviven á globalización comercial e

Nokia e Macbook, xuntos á rede

O paradoxo é que esta seca aportando contidos ao blo coincide cun momento no que os trebellos que me acompañan me permiten estar na rede case en calquera lugar que haxa cobertura móvil. Todo segue indo rápido, parece que cada vez máis rápido, tanto ten onde e como, o importante é estarmos sempre conectados, coma