Cun enganoso folclore galego no seu url e baixo o título Sempre en Galiza · música galega preséntase así,
A idea deste caderno é recuperar obras da nosa música galega, que foron quedando acurrunchadas polo paso do tempo en vellos vinilos, casetes, singles, EP’s, etc. e que están agardando unha oportunidade para ser dixitalizadas e divulgadas de novo.
Hai de todo, desde Astarot ata Los Tamara, bandas de música, corais polifónicas, xoias esquecidas, e bandas como a que designa a palabra banda. Comecei polos Cafres, Moncho e mailos Sapoconchos, Siniestro, Radio Océano, pero indo de vagariño polo coñazo de sistema de baixada de rapidshare, mais paga a pena a espera, así que, non sei a que esperas.



Despois de saber deste tesouro polos tuits de calidonia, confirmei, que pasara por alto algunha das ligazóns desde o post Dos blogs e as músicas no blog do Mario, que daquela apuntara. Grazas a todos.
Eu dei con el a través dunha actualización que recolleu a portada de http://blogaliza.org/.
Así vaise tecendo a rede.
Los Cafres e Moncho e mailos Sapoconchos, diola, comenzaches polos mesmos ca min hahaha, que dúas bandas míticas :)
Pois mirade, eu dín con eles buscando a música o pasodoble de Imende.
Un grolo pra todos!
Eu empezarei polos Yellow Pixoliñas, e empezo a pensar seriamente en pagar polo rapidshare premium :lol:
Hai que renovar os contidos, meu amigo, hai que currar un pouco máis…..
Hai que renovar os contidos un pouco máis