Mapa da rede de transporte do sistema eléctrico ibérico
25 Setembro 2008
O Mapa do sistema eléctrico ibérico é unha colección de 36 documentos en formato PDF nos que Red Eléctrica Española dividiu a Península Ibérica e mais dos arquipélagos dos Açores, Madeira, Canarias e Baleares para amosarnos a escala 1:1.000.000 o mapa completo da súa rede de transporte de enerxía eléctrica.

É curioso ver como as estradas, cidades e mais accidentes xeográficos pasan a un segundo plano para darlle o protagonismo ás liñas eléctricas representadas segundo as súas tensións, ás centrais hidráulicas, térmicas, nucleares ou eólicas e mais aos transformadores e ás subestacións.
Atopado, como tantas outras cousas interesantes, en La Cartoteca, do melloriño que hai a falar sobre mapas en toda a arañeira.
P.S. Malia que eses 36 documentos tamén están ao noso dispor nun só PDF de 43,5 MB co mapa enteiriño, cómpre saber que a ordenadores cativos pódeselle atorar.
Setembro 30th, 2008 at 9:37 pm
Graciñas polos parabéns !.
Outubro 2nd, 2008 at 9:46 pm
pois cando poñan todas as centrais eólicas que van poñer non se verá o país baixo a rede de fíos. claro que isto seguro que non se lles ocurriu aínda…