En casa considerámonos unha familia, unha familia cativa pero familia ao fin. Imos a praias de tradición nudista desde hai anos e se hai algo que destacar das praias que visitamos non é que vaia toda a xente espida (porque tamén van textís), senón o ambiente de respeto polos demais que existe, malia tamén haber excepcións.

Pero nestes días o azar, e a familia política, leváronnos a praias nas que non existe tradición nudista e as comparacións apareceron ao pouco de chantar a sombrilla na praia, primeiro en forma de aparato de radio a volume elevado, logo, de pachanga de futbol na que a bola voaba a carón do noso asentamento, de partidas ás palas en campos de xogo de corenta metros, de berros aos cativos para que fosen comer o bocata baixo ameaza de atalos á sombrilla, ou mesmo en forma de grupos de xente nova, e non tan nova, rodeados de milleiros de botes de cervexa. Non sei se foi coincidencia ou é o que hai, pero as actitudes que se ven en praias tradicionalmente textís pouco se parecen ás praias nudistas que visitamos, nas que, por exemplo, nin fan falta papeleiras nin bandeiras azuis.

Así que cando leo algo dos Háztelo Mirar reclamando o que eles chaman “playasfamiliares” non sei moi ben do que están a falar, e cando leo os seus argumentos aínda o entendo menos, xa que o que tiro en limpo é que queren praias onde poder fomentar a intolerancia e mais a discriminación baseándose nun inexistente dereito a “non ver” enchendo a boca con discursos relacionados coa protección dos nenos.

Porque os nenos nas praias van ao que van, a divertirse; non ven nos espidos nada estraño, senón o natural, porque o primeiro ao chegar á praia é tirar fóra toda a roupa por comodidade, …a non ser que os eduquen en contra do seu propio corpo, prohibíndolles estar espidos, ou mesmo alertándoos cando alguén está espido nas proximidades.

medindo a lonxitude do traxe de baño

As miñas cavilacións son que o tempo o vai curando todo; así, se hai moitos anos había xente escandalizada por un bikini, ou non hai tantos por unhas tetas ao aire, agora o fan por unhas pirolas ou uns cus. Agardo que co tempo, unha sociedade educada para poñerlle fin a calquera tipo de discriminación fará que os nosos fillos vexan os traxes de baño cos mesmos ollos que vemos a foto de enriba.

Pero despois de ler o mal momento que pasou ElPez na praia e ver que aínda hai moito retrógrado nas praias españolas, onde a lexislación ampara o dereito a estar na praia coma nos pete…

Ayer casi nos hostian, una turbamulta que se montó en un momentito, y acabamos protegidos por una pareja de la policía municipal y otra de la Guardia Civil. Y todo en una playa en la que solía haber una cierta convivencia tranquila. Lo que pasa es que era día de fiesta, la gente andaba muy muy mamada… y cuando se juntan unos cuantos descerebrados a gritar juntos, la masa se encrespa sola…

…Imagino que ese concepto de violencia, machismo, alcoholismo y demás, es lo que denominan esas gentes como conductas típicas de una “playa familiar”. El pasear desnudo, no. Eso es terrible. 

…dáme que aínda queda moito camiño por percorrer ata que estes animaliños se extingan, e que do mesmo xeito que se comportan na praia o farán en calquera outra parte; porque unha cousa é a teima en procurar aos fillos unha educación nos seus valores, e outra diferente é crialos nunha burbulla e case que incapacitalos ou mancalos para vivir en sociedade.

Foron 4 que dixeron... to “Praias para familias disfuncionais”

  1. cossimo Says:

    Ai mimadriña! Un tipo de 30 anos dicindo que estar espido na praia é asqueroso!!!

  2. dan3 Says:

    pues con veinte más, lo mío debe ser…
    ayer unas amables socorristas me impidieron el paso por la zona de Vilar en Corrubedo.
    por lo de las familias que comentas y que tampoco entiendo

  3. opaco Says:

    si, cossimo, sen palabras; supoño que el mesmo tamén se considera asqueroso

    dan3, impediron ou aconsellaron?

    nós, hoxe, paramos na Fontaíña, en Coruxo, e vimos como foi reconvertida en praia tolerante (a última vez que fóra aínda era multicolor) :)

  4. Spav Says:

    Opaco, coa súa descrición dun día de praia (textil) viume un certo regusto a esa “España cañí” que poida que fose o orixe de toda esa liña de pensamento. Non cre?

Trackbacks/Pingbacks

Fala sen medo