Un bar en Fisterra, na televisión está a piques de comezar o futbol e, ao fondo, xa se oe o chunda chunda de España; apúntolle ao meu interlocutor que xa me é tarde pero, antes de despedirme, vén un home falando español a saudar e intercambiar unhas palabras de cortesía con el.

Cando marcha o forasteiro, dime que é da competencia e mais viciño meu, malia dubidalo pola súa fala:
-Ha ser inmigrante, fala demasiado ben o castellano para ser do País
A rir dígolle que non o coñezo e despídome dicíndolle que goce do futbol e que gane o mellor, ao que con cara de sorpresa comenta:
-Eló? ti de que país es? que gane España, non somos españoles?
Agora tamén cavilo en enviar un escrito á RAG solicitando a pertinencia ortográfica de País para denominar o noso País.
Eu tampouco sei ben en que pais vivimos, porén é un pais do mais curioso :lol:
Home, pensa que por esa regra de tres, cando a galega sexa oficial farán o mesmo razoamento. Que gañe Galiza, non somos gallegos? Claro, há de ser por iso que non nos dan a oficialidade.
Solución de consenso: Galizia, à la italiana. Nin pa´ti nin pa´min.
E por certo, mañá mesmo merco unha corta-relva desas que anuncia aquí á dereita. O malo é que vou ter que buscar alguén para que a pase polas costas senón a cousa vai quedar un pouco descompensada.
tqt
sim que é curioso sim…