Monthly Archives: Xuño 2008

Terceira avaliación

Ás veces os días rematan coa sensación de que o fas todo mal …e, moitas veces, é certo. Pero pasa que, cando volves pola noite do choio, o teu fillo vén correndo cos brazos abertos e, a berros, cóntache o que fixo durante a tarde ou che amosa o avión que fixo coas pezas de

Logo chegou o catro

Pasamos xa por catro aniversarios. Xuntando os catro dedos dunha man marca as velas que ha de precisar, unha, dúas, tres, catro… e nun blufff alá van catro anos con cadanseu aniversario, que nos fan a nós máis vellos e, que nel producen, de seguido, enormes momentos de maxia.

Cráteres en Marte e lixo no espazo

Nunha das visitas á pediatra nestes días de calor e mais de Ventolin ía opedro laretando historias de monstros e alieníxenas cando, de súpeto, parou co lercheo que viña contando para preguntar: -Papi, verdad que en el planeta Marte hay muchos catres? O certo é que ás primeiras non sabía do que me falaba, pero

Non sei en que país vivo

Un bar en Fisterra, na televisión está a piques de comezar o futbol e, ao fondo, xa se oe o chunda chunda de España; apúntolle ao meu interlocutor que xa me é tarde pero, antes de despedirme, vén un home falando español a saudar e intercambiar unhas palabras de cortesía con el. Cando marcha o

Reanimando á ratiña Lola

En casa fomos usuarios activos da ratiña Lola durante un tempo pero case a tiñamos esquecida ata que vin publicado en Chuza que a ratiña Lola morrera. Ao saber da súa morte tiña sentido o que dun tempo para acó notara nesta casa, que google traía unha chea de visitas ata aquí na procura dela.