Non podía deixar de comentar no feliz acontecemento social do blogomillo, ou como queiran dar en chamar á chegada da filla do ghanito e mais da señora Colombo, da que o ghanito nos viña poñendo ao día desde novembro pasado cando fixera público o Comunicado Oficial da casa Ghanites, pois ao ler destas cousas decátome da razón que levaba a autora do desaparecido todonada cando falaba nas marabillas da tecnoloxía ao servizo das marabillas do ser humano.
A chegada da Moruncha non fixo máis que aumentar o número de pais e nais que falan a través dun blog das aventuras e desventuras dos seus cativos. Mesmo vai case para dous anos que se nos dera por contabilizar o que daquela chamara blogomilhinho, no que entraran o dos Pelachos, o do Xan, o do Roi e mais o do Leo.
Logo daquilo houbo algún que outro blog a falar dos seus cativos; de memoria lembro ao folerpa e mais ao pereiro, pero seguro que hai algún outro por aí fóra que queda sen mencionar (se é que saben de algún máis agradeceriase deixen un comentario), e xa máis próximos no tempo deste baby boom (a escala) están a chegada da N de desorde ou o bló de l&m, na que o premiado ohqtomr e mais a eli comezaron a contarnos da laura e mais do mati.
E o seguinte seica será o Brais, ao que, mentres nos van contando dos preparativos, apenas lle faltan dous meses para vir canda nós. Estean atentos.

Como din no bló de l&m, isto non é máis que para paliar os efeitos do alzheimer e que algum dia os nossos filhos possam valorar o divertido que é partilhar os dias com eles.
Por iso e antes de que me esqueza, a piques de que chegue o cuarto aniversario de opedro, vou deixar a conversa de onte á tarde con opedro a conta dun libro de ilustracións na que saían un boi e mais unha vaca,
-Papá, qué es esto?
-É un boi
e opedro, sorrindo e sinalando á vaca di,
-y esto… mmm …es una girl?
Éche o que ten o plurilingüismo harmónico, que xa non nos vale o de se non é boi …será vaca.
Actualización: non fixo falta que ninguén mo lembrara e caín eu só da burra, esquecía nomear ao senhor porquinho que vai para case tres meses que contaba que alguén moi importante estaba a piques de chegar ás súas vidas, e, polo visto, debeulles comer o teclado… Alguén máis?
E outra actualización: apunta o paideleo nos comentarios a chokito, do que xa sabiamos pola do ghanito, e a lula e mais a flavia. Obrigadinho paideleo.
Por Deus, cánto inconsciente! :)
Ohhhh, iso foi boísimo!!!!!
E que mudado está opedriño, está feito un grandullón.
Apertas fortes
Estaremos a criar a xeración:
* post
* post-bló
* bló
???
…. alguén debería reflexionalo un pouco e logo escribir algo que nos ilumine un chisco
Graciñas polo comentario.
Podes engadir a Chokito de chokito.blogaliza.org e a lula en avidadelula.blogspot.com. Do Chokito vaise sabendo aos poucos e da Lula non se sabe nada dende xaneiro.Tamén está Flavia ( galega pero escrito en español ) en elblogdeflavia.blogspot.com.
Un saúdo.
apuntado queda paideleo, graciñas :)
¿Quén dicía que o blogomillo estaba morto?…
Vivo e moi noviño! :)
é um prazer saber que alguém se interessa por nós ainda que somos os rescem chegados…brigados