Do mundo das consolas de xogos me chama a atención a actividade da comunidade de usuarios que teñen; sexa cal sexa o modelo de consola, non é difícil atopar dentro de esa comunidade xente que tenta levar un paso máis adiante o hardware e tirar proveito do que comprou con funcionalidades non ofrecidas polo fabricante.

Dá igual a consola que sexa, o tempo que se precisa desde que sae ao mercado ata que aparecen solucións que permitan usos para os que non foi deseñada é cada vez menor. E a, xa veterá, Nintendo DS non ía ser menos, apenas chegou a casa, foron un par de días nos que só valía para que a mamá de opedro lle dese estopa aos seus neuronios co Brain Training, o xogo que traía.

Ese par de días foi o tempo que levou elixir un cartucho, pedilo, e que dese chegado. Despois de investigar na rede da scene nds, de entre o Cyclo DS e o R4DS, decidín coller este último por ser, nese momento, o único do que había existencias para entrega inmediata nas tendas online que me inspiraron confianza.

cartucho na nintendo ds

O R4 Revolution for DS, chamado R4DS, é un cartucho para a NDS, coma calquera dos seus xogos para slot1 (o dos xogos da NDS), cun oco para introducir unha tarxeta de memoria microSD, na que ademais do firmware do cartucho poden ir xogos e aplicacións creadas pola comunidade e, así, o que moitos pensan que só é unha consola de xogos para os máis cativos, pasa a converterse nunha Nintendo DS que lle din pirateada, unha maquiniña con capacidade wifi, con dúas pantallas, unha delas táctil e un potencial que vai máis alá dos xogos, e así, hai clientes de mensaxería, de correo electrónico, lectores de libros electrónicos, reproductores de audio e de video, …

E é que se non fose por ese tipo de cartuchos e solucións similares para outras consolas, probablemente ningunha delas tería entrado en casa.

Foron 3 que dixeron... to “Algo máis que piratería”

  1. João Soares Says:

    Olá Paco
    Viva desde Portugal:)
    Fiz uma leitura do teu blogue e algumas notícias em termos tecoinformáticos são muito interessantes e que desconhecia. Partilhamos em comum o gosto pelo naturismo e natureza.
    Espero que gostes muito do meu blogue.
    Um abraço/ Unha aperta
    João

  2. ascárida Says:

    E que lle parece o Electroplankton? :D

  3. opaco Says:

    abraços João :)

    ascarida, pois que pensaba eu, antes de ter unha nds nas mans, que había xogos raros, outros rarísimos, e logo estaba o electroplankton este… pero descubrín que é toda unha experiencia, ata a opedro lle gusta, así que haberá que agardar a que o tenori-on se poña a man :D

Trackbacks/Pingbacks

Fala sen medo