Toleando con Movistar

16 Maio 2008

Só por poder acceder á rede a maior velocidade foi o motivo polo que se me deu por aproveitar o programa de puntos de Movistar para sustituir o telemóvel que facía as funcións de módem, un Samsung Z240 con só capacidade 3G (UMTS) por outro que permitise aproveitar a cobertura 3.5G (HSDPA).

Á hora de cambialo, o substituto debía de cumprir un par de requisitos, que se puidese conectar a HSDPA e que tivese bluetooth. Unha vez comprobado que se comunicaba sen problemas cos Nokia Internet Tablets, cos PCs, ben cun Windows ou cun Linux, e que había script para usalo co MacOsX Leopard, o módem elixido foi o Nokia 6120 classic, un pequerrechiño que tiña iso e máis.

Todo correcto agás que as conexións que nos días previos foran sen incidencias co Samsung, agora veñen chea de timeouts, con páxinas que non cargan imaxes, outras que cargan a medias, e algunhas que ata vai fluida, as menos,…

movistar internet proba velocidade

como esta captura no N800 conectado vía bluetooth co 6120, unha velocidade decente contra o servidor de mundo-r.com con conexión de Movistar móbil, agás que, nesa mesma sesión, só dou con timeouts nas páxinas da wikipedia.org, de blogspot.com, de elpais.com… cunha linda mensaxe de se ha superado el tiempo límite de espera para la conexión; e apuntar tamén que a páxina de movistar.es sempre vai, iso si, conectando desde unha máquina windows co explorer.

timeout desde o N800 con Movistar 3.5G

A falta de conectar por fóra das Rías Baixas, creo que non me queda nada por tentar; sen éxito probei con outros terminais, cun par de SIMs doutros clientes de Movistar, cambiei drivers, cambiei, DNSs, cambiei scripts e todo seguía igual.

Comprobado que con Vodafone e Simyo, ou mesmo co lento GPRS de Movistar, podía navegar con normalidade chamei ao Centro de Relación con el Cliente agardando que me dixesen que a súa rede caíra. Non foi así, seguimos todo o seu protocolo, conteille a miña viaxe, viu que estaba conectado, díxome de cambiar o nome e o contrasinal a MOVISTAR_DIRECTO, algo que ao instalar o Escritorio Movistar xa probara, disque polo aquel de desactivar a navegación optimizada, ou evitar proxies, que dirían outros; acabei de falarlle da miña experiencia e concluiu cun “le llamarán de un departamento superior a la mayor brevedad posible”.

A la mayor brevedad foi xa a semana pasada, e mentres agardo, preguntábame se alguén que pasase por aquí conecta con Movistar…

P.S. e sen saber como, nove días despois, todo volveu á normalidade, e supoño que non saberei o que pasou… e dos cartos, nin falemos.

Foron 5 que dixeron... to “Toleando con Movistar”

  1. Modesto Says:

    Espanholista! ;-)

  2. opaco Says:

    Saiba que aquí a cobertura de Optimus, TMN ou Vodafone PT só chega con temporal de sur :D

    E se o que me quere dicir é outra cousa, a súa ip quítalle toda credibilidade :P

  3. siloam Says:

    ay, canto sabes!! a min deronme 1 fai pouco, eu quería “a lo picapiedra”, chamar e sms, namais, pero nada.pijolandia mala calidá. dixome un rapaz de moviestar q canta máis trapallada, antes morrían.
    bicos!

  4. siloam Says:

    el PXOM destruirá corazones,matará de tristeza a nacianas felices con su huerta… y por mi barrio, los listos- ladrilleros ya compraron a detajo (la zona Mantelas);mientras las casitas se llenaron de inmigrantes, y me gusta.
    mi casa se salva, pero por 1 primo arquitecto, que pensaban poner una modernez a 3 metros!(contra las mínibas bases del código de los arquitectos) de las ventanas q dan al valle; dicen. ah, pueden abrir, del otro lado, haremos “zona verde”; como si lo viese, se carcagarán los árboles con abolengo, y harán parquecitos tipo urbanización periférica de madré.
    bueno, puede que el plan fuese necesario, es que a mi la anarquia del barrio me gusta, no soy muy de fiar.
    bicos o pequerecho!

  5. l&m Says:

    pois nós vivimos na corunha capital e oferecem-nos pela linha tradicional, a de cabo, uma conexom rural de 500k. e estamos a 10 metros das Universidades da Corunha!

Trackbacks/Pingbacks

Fala sen medo