Anomalías tuiteiras
7 Maio 2008
Cando o twitter apareceu moitos falaron del como un servizo inútil, pero, a pesares das primeiras impresións, moitos fomos os que o comezamos a utilizar, ben por curiosidade ou por explorar ese novo sistema de comunicación. Agora, despois dunha auténtica masificación, twitter veu a chegar a un lugar na web que poucos creían posible naqueles primeiros tempos.
No meu caso, deu para unha vía máis para deixar mensaxes, preguntas, respostas e compartir información na arañeira dun xeito tan sinxelo que, de seguro, non chegarían sequera a ser posts neste blog.

Nesta captura son só 112 caracteres, faltan 12 para chegar aos 140 que é o límite que impón twitter, coma nos SMS, pero dan dabondo para comunicar. Tanto como que a frecuencia de actualización deste blog veu a menos, malia que para iso tamén teñen influido outros factores, incluso as miñas cousas.
Durante este tempo, ao redor do twitter foron aparecendo moitos servizos que, xogando coa súa API, crearon novas utilidades e conceptos, desde o tweetscan ata o, algunhas veces odioso, twitterfeed, pasando por moitos outros; pero foi hoxe que din co xefer, un machuco feito co yahoo pipes e mais coa google chart API, que parte da idea de darlle o nome dun usuario e recoller estatísticas de uso do twitter ao longo das horas, días, meses,… ata construir un gráfico de uso moi chulo, podendo incluso tirar conclusións sobre o xeito de utilizar o twitter e das relacións coa comunidade. A miña é esta,

Malia todo, o máis interesante é ver as gráficas dos outros; non vou dar nicks, pero semella que a vida dalgún é apenas unha grande mancha negra no twitter.
Maio 7th, 2008 at 8:41 pm
Eu estou colléndolle ultimamente cada vez mais gusto ao flickr, ocupa un espazo que perdeu o fedello de Chuza na miña vida, ainda que dun xeito moito menos intensivo.
E sei de algúns dos nicks que fala :D
Maio 7th, 2008 at 9:12 pm
Primeiro dicirche que lle estou collendo o gusto a iso das gráficas e mapas gracias a ti, o cal tiña que dicilo porque odiaba iso xa que me lembraban a ecuacións e parábolas e demais representacións matemáticas etc que non se me daban nada ben a pesar de gustarme bastante.
E segundo, non son un borrón deses, de feito para min twitter é un xeito de lurkear máis, gústame saber que lle acontece á xente que coñezo (vale, eso sona a cotilla :D)
Un saúdo!
Maio 8th, 2008 at 11:42 am
Subscribo o mesmo que dixo Ghanito, pero onde di Flickr eu diría Twitter.