Monthly Archives: Maio 2008

Moruncha & Co.

Non podía deixar de comentar no feliz acontecemento social do blogomillo, ou como queiran dar en chamar á chegada da filla do ghanito e mais da señora Colombo, da que o ghanito nos viña poñendo ao día desde novembro pasado cando fixera público o Comunicado Oficial da casa Ghanites, pois ao ler destas cousas decátome

Cocorosie en Pontevedra

Tres traballos publicados, dúas mulleres e un mesmo apelido, e onte era a primeira vez que as viamos en directo a Cocorosie; nas súas dúas últimas visitas o noso cativo fora a excusa que nos impedira ir velas e, desta vez, nada o ía impedir. Chegados ao Pazo da Cultura, o primeiro foi topar co

Algo máis que piratería

Do mundo das consolas de xogos me chama a atención a actividade da comunidade de usuarios que teñen; sexa cal sexa o modelo de consola, non é difícil atopar dentro de esa comunidade xente que tenta levar un paso máis adiante o hardware e tirar proveito do que comprou con funcionalidades non ofrecidas polo fabricante.

Toleando con Movistar

Só por poder acceder á rede a maior velocidade foi o motivo polo que se me deu por aproveitar o programa de puntos de Movistar para sustituir o telemóvel que facía as funcións de módem, un Samsung Z240 con só capacidade 3G (UMTS) por outro que permitise aproveitar a cobertura 3.5G (HSDPA). Á hora de

Anomalías tuiteiras

Cando o twitter apareceu moitos falaron del como un servizo inútil, pero, a pesares das primeiras impresións, moitos fomos os que o comezamos a utilizar, ben por curiosidade ou por explorar ese novo sistema de comunicación. Agora, despois dunha auténtica masificación, twitter veu a chegar a un lugar na web que poucos creían posible naqueles