Polo apunte da senhora dot a falar do mapa Cough, un mapa de estradas dos máis antigos que se conservan da Europa Atlántica, lembrei que tiña por algures agochada algunha información da Tabula Peutingeriana ou Táboa de Peutinger, chamada asà na honra do humanista alemán do século XVI, Konrad Peutinger, que non é máis que unha copia medieval dun mapa que poderÃa datar do século IV, o único mapa de estradas conservado da época romana.
Como mapa, a Tabula Peutingeriana resulta estraña para o ollo moderno, xa que co fin de amosar a rede romana de estradas desde a PenÃnsula Ibérica ata Asia, o pergamino está orientado de oeste a este, e tanto as extensións de terra coma os mares e mais os rios aparecen distorsionados, de xeito que o Mediterráneo, por exemplo, semella máis un longo rÃo.
Pero é precisamente ese esquematismo que amosa as distancias entre as diferentes paradas ao longo de camiños en liña recta o que o convertirÃa nunha útil ferramenta para os viaxeiros que seguÃan o cursus publicus, como fan hoxe os planos das redes de metro nas grandes cidades, coa salvedade de que tamén inclúe información práctica sobre os lugares máis cómodos para pasar a noite ou tomar un baño, toda unha GuÃa Michelin de hai case dous milleiros de anos.
Orixinalmente rollo de pergamino de 34 centÃmetros de alto por 6,75 metros de longo, e dividido en doce segmentos, dos que se perdeu o primeiro, consérvase na Österreichische Nationalbibliothek de Viena onde foi exhibido durante un só dÃa o ano pasado para celebrar a súa inclusión entre os documentos que forman parte da Memoria do Mundo.
Paga a pena facer a viaxe indo desde o primeiro segmento perdido, e reconstruido a comezos do século XX, que amosa as Hispaniae romanas que comparte segmento co norte de Ãfrica e mais con Britannia para chegar, no segmento XII, ata a India e ás fronteiras da China, a Sera Maior; desde Tude ata o rio Ganges pasando por Roma, representada como tal aos ollos dos romanos, ou por Constantinopla ou mesmo Pompeia, desaparecida anos antes. Preparados para unha viaxe no tempo por cidades descoñecidas?
Alguén deberÃa pagarlle por isto…
http://gl.wikipedia.org/wiki/T%C3%A1boa_de_Peutinger
pois como non poña un donate paypal aà á dereita… :D
plas, plas pola contribución á Galipedia (alguén deberÃa pagarlle por iso) :D
Impresionante!
Cesare ten razón, alguén deberÃa pagarlle por isto!. Gracias pola iluminación, e o moi ameno post :)
Pingback: Unha GuÃa MichelÃn do século IV | CapÃtulo 0
Pingback: Omnes Viae: Itinerarium Romanum · opaco