Battlespace
1 Abril 2008
O noso día no que os burros van onde non deben ir non sería nada se o mundo anglosaxón non lle dese a sona de ser o April’s fools day, día que os americanos aproveitan en facer brincadeiras entre eles e non ao resto do mundo.
Así, non está de máis lembrar que hai uns días foi o quinto aniversario do comezo da invasión de Irak e, malia que lle pese aos inductores, séguense perdendo algo máis que dólares no campo de batalla.
Battlespace é unha exposición online na que, a través das cámaras de vinte fotógrafos, se amosa o único que traen as guerras; morte, destrucción e terror,

Nesta, Ghaith Abdul-Ahad amosa a uns deses habitantes dun pobo calquera do Irak ou do Afganistán no que ocorreu despois de que un helicóptero dos Estados Unidos disparase contra civís que estaban a celebrar a queima dun carro do exército americano. Visto na de malos tiempos para la lírica.
Abril 5th, 2008 at 12:54 pm
Unha guerra tan estúpida coma todas, inda que se cadra máis estupida que outras moitas, de que serviu a invasión por parte das tropas norteamericanas? derrocaron a Sadam Hussein é certo, pero deixaron unha guerra civil cruenta, dia tras dias centos de civiles morren asasinados por bandas, por guerrillas por clanes, inaudito o que está a acontecer nese país, e polo visto non ten visos de resolverse moi doadamente.
Un saúdo e parabén polo blogue Opaco