Férias galegas

26 Marzo 2008

Foron moitos quilómetros polas autoestradas do Atlántico e mais do Atlântico ata chegar ao cabo de São Vicente. Atrás quedaron os momentos de descanso, os paseos pola praia, o dicir que non somos castelhanos, o pasamento de John Balan, as evolucións de opedro no bambán e a tranquilidade.

De volta ao rebumbio aínda dou en botarlle un ollo á última anotación dos planos da Baedeker ao fio do apuntamento de dot no que comenta a curiosidade de ver o plano de Barcelona sen a Vía Laietana ou o de Madrid se a Gran Vía.

Así, vendo os planos do Porto e mais de Lisboa, chamou a miña atención o de Lisboa e arredores, no que non aparece aínda ponte ningunha sobre o rio Tejo, pero máis curioso aínda foi a existencia dun lugar en Estoril chamado Galiza, Galliza no mapa, que ata ten a súa escolinha de rugby da Galiza, e a aparición dunha Aldea Gallega na outra beira do rio, cousa que para un galego sempre chama a atención e dá lugar a especulacións sobre a súa orixe.

arredores de Lisboa en 1901

Desde a publicación deste plano en 1901 ata os nosos días moito cambiou, tanto que ata lle cambiaron o nome á vila que pasou de ser a Vila de Aldeia Galega ou Aldegalega do
Ribatejo a chamarse, a partires de 1930, Montijo. Sobre a súa orixe non atopei grande cousa, apenas que foi considerada como a terra máis republicana de Portugal e pouco máis na Corografia Portugueza, na que se menciona que a vila tomou o nome dunha muller chamada Alda a Galega, por ser oriunda das partes da Galiza, e que o nome ficou como Aldagalega de Ribatejo por diferenciarse da veciña vila de Aldeia Galega da Merceana.

Quizais con algo máis de tempo daba para ter algunha información máis sobre a súa orixe, agora estamos de volta no choio.

Foron 6 que dixeron... to “Férias galegas”

  1. calidonia Says:

    Por proseguir con esa procura cartográfica suxírolle botar un ollo a mapas da Madeira actuais e non de hai un século. Aínda se poden atopar Lombo dos Galegos, un coñecido São Roque (tíñao por un santo netamente galego) e algo semellante a un Chã Morro (para devotos da virxe ferrolá).

  2. vallisoletano Says:

    Simpática perrita podenca portuguesa a la que pusieron por nombre “Galiza” en las Islas Azores

  3. je bois Says:

    Estiveste no Cabo de S. Vicente e não disseste nada?! Pois nós também estivemos em Sagres, com a família toda (galega e portuguesa) a passar uns dias :)

  4. opaco Says:

    je bois, de teres uma conta no twitter teriamos combinado lá :)

  5. je bois Says:

    eu sou analfabeto informático :) não faço a mínima ideia do que seja o twitter :D

  6. opaco Says:

    vai lá ao tuiter e arranjas uma conta em um minuto :D

Trackbacks/Pingbacks

Fala sen medo