Unha viaxe no tempo

18 Marzo 2008

Xusto cando andaba a actualizar os poi ante a inminente viaxe, o vello Holux parece que non está moi ben, de cando en vez deixa de falar en bluetooth cos seus compañeiros de viaxes e tarda en recuperar a comunicación. Non sabemos que lle pasa, tampouco temos claro se comprar outro para sustituilo ou se actualizar os mapas de estradas que sempre nos acompañan e que xa non renovamos tan decote.

Ningunha destas dúbidas as poderían ter os usuarios da Baedeker, a guía de viaxes por excelencia de comezos do século pasado. Foron quen primeiro utilizaron estrelas para valorar os monumentos que pagaban a pena visitar nun momento no que Baedeker era sinónimo de guía de viaxe, ata que os bombardeos aliados durante a Segunda Guerra Mundial destruiron por completo as súas instalacións… e si, agora hai unha outra Baedeker, moi apreciada polos alemáns, pero xa non é o mesmo.

O conto é que souben por, coma non, a Cartoteca que a Baedeker’s old guide books puxo á nosa disposición algunha que outra cousa digna de ver, unha chea de planos e rueiros escaneados dos Baedekers de hai cen anos, entre eles o Santiago de Compostela da edición en inglés de 1901,

Santiago de Compostela na Baedeker

e acompañando a Santiago, corenta e seis planos máis baixo o Spain and Portugal 1901, by Karl Baedeker. Non ten prezo albiscar por entre os destinos da época ou levar os ollos de paseo polo Campo de los Inferniños.

Foron 6 que dixeron... to “Unha viaxe no tempo”

  1. calidonia Says:

    O Inferniño que aínda conserva hoxe o seu nome en Ferrol disque era chamado así por ser a zona da cidade con “mal ambiente”. O bairro chinés, vamos, antes de que chegaran os chineses. O que non sabía era que houbera máis, como este de Compostela. Obrigado!

  2. siloam Says:

    pasmadiña estou co mapa_-_rua de santiago.
    bo viaxe!

  3. opaco Says:

    calidonia, seille tamén dun inferniño na Pobra do Caramiñal e doutro en Marín

    siloam, estase moi ben detrás desta dirección ip algarvia. bicos :)

  4. calidonia Says:

    Á vista do mapa nótase que a presión urbanística en Compostela non foi moi alta no século XX, xa que só logrou deslocar o Inferniño até ao Pombal :-P

  5. peke Says:

    Que cousas atopas, meu!

  6. dot Says:

    Grazas. É curioso ver o mapa de Barcelona sen a Vía Laietana e o de Madrid sen a Gran Vía.

Trackbacks/Pingbacks

Fala sen medo