Dos moitos xeitos que hai para representar datos, se estes son moitos ou abstractos, hai veces que se precisa máis que un gráfico de barras, e aí é onde unha boa representación gráfica pode axudar a que sexan máis fáciles de ler e comprender. Na rede existen unha chea de técnicas gráficas que nos permiten visualizar os datos de xeitos moi diferentes, tanto utilizando aplicacións de escritorio coma aplicacións web. Moitas delas serán tan habituais coma os gráficos que puxeron nos debates entre o zapatero e mais o rajoy.

O catálogo de aplicacións é tan amplo que o post da Readwriter Sarah Perez sobre as mellores ferramentas para visualización de datos pode ser considerado como fascinante; ela mesmo xa falara sobre o asunto con anterioridade, como fixera Calidonia apuntando ao catálogo de Visual Complexity.
E se teñen tempo, pérdanse por entre canto link atopen, abran os ollos, e asómbrense.

Son impresionantes!! Aínda que non entendo nada e non sei porque sae o meu nick por aí, pero mola!
oes, mola mais ter cor calida ou fría? :D
Cleo, probe a facer o seu sociomap de last.fm e verá como me ten a min alí :)
e para ghanito unha ligazón para efectividade da comunicación :D
Xusto acababa de descubrir como se fai. Gracias!
Oiga!!!!, Eu non estou tan quente como mostra o gráfico :P
Caralludo o post, meu, moi didáctico :)