Monthly Archives: Marzo 2008

Segunda avaliación

E se cando a primeira avaliación non collía ben o lapis, disque aínda non deu conseguido. No que che anda opedro é en aprender as letras e mais os números, a lelos e mais a os escribir; as letras, todas maiúsculas elas, e os números, enormes. Mentres os le no teclado penso se non vai

Férias galegas

Foron moitos quilómetros polas autoestradas do Atlántico e mais do Atlântico ata chegar ao cabo de São Vicente. Atrás quedaron os momentos de descanso, os paseos pola praia, o dicir que non somos castelhanos, o pasamento de John Balan, as evolucións de opedro no bambán e a tranquilidade. De volta ao rebumbio aínda dou en

Unha viaxe no tempo

Xusto cando andaba a actualizar os poi ante a inminente viaxe, o vello Holux parece que non está moi ben, de cando en vez deixa de falar en bluetooth cos seus compañeiros de viaxes e tarda en recuperar a comunicación. Non sabemos que lle pasa, tampouco temos claro se comprar outro para sustituilo ou se

As mellores ferramentas de visualización

Dos moitos xeitos que hai para representar datos, se estes son moitos ou abstractos, hai veces que se precisa máis que un gráfico de barras, e aí é onde unha boa representación gráfica pode axudar a que sexan máis fáciles de ler e comprender. Na rede existen unha chea de técnicas gráficas que nos permiten

A arte da procrastinación

Non me pregunten como foi que cheguei a este punto. Supoño que algo terá que ver o que vou comentar do John Grisham, do que non lin ningún libro, pero din cunha entrevista á Time. I learned how to procrastinate in law school, I perfected it as I practiced law, and now I am an

Machuco electoral

Outro que se apunta a facer un trebello electoral é a xente de google, que botando man dos seus mapas preparou un machuco para poder visualizar sobre eles os resultados das eleccións xerais deste próximo domingo. Cunha capa de datos sobre o mapa poderanse ver, case en tempo real, cales son os partidos máis votados

Die Analyse

Andaban opedro e mais a súa nai no hospital, á procura do laboratorio de análises, non daban co sitio e foron preguntar ao mostrador máis próximo; ao indicárenlles que non era alí senón no andar superior, opedro dille á súa nai, Mami, estas chicas no quieren mis cacas! ao que unha delas, mentres ría, apuntoulle,