403day.org

28 Febreiro 2008

Vaise achegando o día, xa se lanzou o sitio 403day, onde se explica o porqué este día se vai denegar o acceso ao Internet Explorer.

Se queres apuntarte, alí vas atopar diferentes opcións para poñer na túa páxina, desde un .htaccess ata un plugin para Drupal ou, mesmo se non queres denegar o acceso pero apoias a iniciativa, un banner para informar do día 403.

Ao fin foi que eu me decidín polo plugin para wordpress baseado no do Choan Gálvez, pero en galego e sen redireccionar, así que os que cheguen acó este día co IE atoparán algo coma isto,

403day: acceso denegado

A iniciativa é simple, moita xente deixa os cornos para desenvolver sitios web lindos, accesibles e funcionais seguindo os estándares, pero hai quen ignora todo ese traballo e implementa os estándares como lle convén, adiviñan quen? Si, a Microsoft.

Eu non vou perder nada este día, eu utilizo Firefox, e ti?

Foron 2 que dixeron... to “403day.org”

  1. Matachin Says:

    Xa tiña pensado apuntarme a iniciativa e agora co plugin para WP moito mellor.

  2. X Says:

    Eu tampouco :)

Trackbacks/Pingbacks

Fala sen medo