Cambio de frecuencias
24 Febreiro 2008
Parece que xa estamos todos adaptados, levamos máis dun mes cunha nova rotina, un cambio de horarios levoulle por diante todo aquilo que era seguro en casa, un lugar onde el era quen de anticipar todo o que ía ocorrer.
Tanto foi que perdeu ese poder, que esta noite foi durmir a casa dos avós. Así, era estraño estarmos xuntos naquela escuridade da rúa sen opedro e, ante a insistencia dela, non me quedou outra que enviar unha mensaxe a casa dos avós. A resposta do meu irmán pequeno non deixaba lugar a dúbidas, así que, malia poder connosco a preguiza e fallar ao concerto de la casa azul, era a nosa noite. A súa mensaxe dicía,
Está eliminando coellos e botando carreiras, disque non quere ir aínda para a cama.
Pouco máis tarde outra mensaxe confirmaba o seu sono. Mañá contará aventuras de Bowser e mais de Mario, e nós estaremos agardando para escoitalas. Agora para el todo é unha aventura, ou un arcade…
Febreiro 24th, 2008 at 4:54 pm
Dentro de nada independízasevos. ;)
Febreiro 25th, 2008 at 1:13 pm
Dentro de nada o que vai facer é pedir unha Wii :D