Día 403 para o Internet Explorer
17 Febreiro 2008
Os que chegan acó utilizando o Internet Explorer déanse por avisados. Un erro 403 será o que recibirá a ese navegador cando chame a esta porta o día 4 do mes 03.
Veño de ler na de ascárida que nunha xuntanza de desenvolvedores web en Barcelona comentaron a idea de prohibir o acceso ás súas web ese día ao explorer de microsoft. Tal e como comenta, hai unha receita para rexeitalo co .htaccess e un plugin para o wordpress co mesmo fin.
Non son desenvolvedor web, pero teño que sufrilo como usuario para acceder a servizos tanto públicos como privados, así que, mentres agardamos polo 403day.org, saiban que o catro de marzo quen veña montado nun Internet Explorer, aquí non entra.
Febreiro 18th, 2008 at 11:29 am
En ocasións fan falla contas para explicar a cousas mais evidentes.
Noraboa por opaco, non o coñecía.
Unha aperta
Febreiro 18th, 2008 at 1:02 pm
dalle guerra!!!
Febreiro 19th, 2008 at 9:05 pm
Como por exemplo para facer calquer trámite con…telefónicaonline.com
1,2,3 responda outra vez!
Febreiro 20th, 2008 at 3:26 am
VADE RETRO, EXPLORER!!!
Febreiro 20th, 2008 at 3:29 am
vade retro, explorer…jejeje
(comentario desde mozilla, palabrita)
Febreiro 20th, 2008 at 10:25 am
E por que pasará iso?