Galiza tropical

12 Febreiro 2008

Nada, nin fedellando na caixa de búsqueda de aí enriba nin forzando os neuronios podo lembrar ter ido á praia nesta altura do mes de febreiro, mais aló estabamos onte coma se fose o máis normal.

Despois de achegarnos no sábado, sentir as condicións óptimas e comprobado o pronóstico, o domingo estabamos no areal de Viñó, que había de minguar como nunca tiña visto por mor dunha das marés máis cheas do ano.

Xa pode vir a chover outra vez, valeu como unha desconexión temporal do inverno e os seus horarios, da chuva, do frío e mais do vento. Era a primeira vez que tocaba decidir se ir á praia ou ao entroido, coma supoño que farán no Brasil, e non aquí, onde nunca se me presentara esa opción.

area da praia

E ata, como nas mellores alturas do verán, viñeron avisarnos de que había un pajillero por entre os piñeiros. Así como cho digo, cun chandal azul.

Foron 23 que dixeron... to “Galiza tropical”

  1. Spav Says:

    Viñó é preciosa, pero non había un pouco de vento de máis??

    E eu encerrado na biblioteca… :S

  2. cossimo Says:

    Pero de qué inverno fala vostede? Ai si, deses dez días que choveu en Xaneiro e nos que a temperatura media foi de 17 graos. Ou dos invernais 24 graos que padecemos en Vigo ata mediados de novembro?
    Os talibáns do sol son coma os outros: teñen unha percpeción da realidade completamente distorsionada que tratan de impoñer aos demais. Negan a evidencia e para a súa mente perturbada un día de vento representa unha prolongada ventisca siberiana.
    Nun par de anos ou así teremos que vacinarnos contra a malaria. Pero estaremos superfelices porque a recompensa serán 350 días de verán ao ano… para desconectarmos de 15 días de duro inverno.

    P.D.: Non ve como este sol é malo para a estabilidade emocional, sobre todo para a dos calvos?:D

  3. opaco Says:

    Spav, nin un aire había :P

    cossimo, faláballe do inverno que vén despois do outono e antes da primavera, malia que o tempo non acompañe á estación.

    De sempre me gustou o sol, pero de ser un deses talibáns do sol tería escollido outro lugar para vivir, non cre?

    E poida que sexa malo para a estabilidade emocional, quizais máis para a dos calvos, pero o de vacunármonos para a malaria, é na realidade distorsionada ou na boa? :D:D

    p.d. gracias polos comentarios, vounos considerar a miña recompensa. tamén quero ser superfeliz :D

  4. cossimo Says:

    “pero o de vacunármonos para a malaria, é na realidade distorsionada ou na boa?”
    E se alguén lle dixese hai 10 anos que ía poder tomar o sol en Viñó a primeira semana de Febreiro?
    En fin, que son eu o que vou ter que emigrar cara ao norte na procura de climas máis benignos. O malo é que seica xa nin sequera neva en Estocolmo. Esta expansión indiscriminada da luminosidade mediterránea comeza a atinxir as dimensións dunha auténtica praga.
    Porque amigo meu, esa obsesión enfermiza co sol e coa praia é o síntoma máis evidente de neorriquismo hortera. Como as casas descomunais. :D

  5. siloam Says:

    jeje, o do último parrafo que non falte.
    dá gusto estes días si, a luz, despois virá a choiva e será benvida
    moitos bicos!!!!

    (a malaria? alguien vive en mozambique?, andan vacinando por alá

  6. opaco Says:

    cossimo, se alguén me dixese algo así hai 10 anos, tería as miñas reservas, pero dubiraríao moito, por iso mesmo lle pregunto polo da malaria.
    E o de emigrar á procura de invernos máis invernais seica está moi mal, polo mesmo que comenta de Estocolmo e, aínda así, de ir aló habería de pasar un frío de carallo; para min, demasiado frío.
    Co das casas descomunais asociado ao neorriquismo hortera concordo, pero a obsesión enfermiza co sol e a praia véxoa máis como un fanatismo… e aínda sei que polo noso ben debería chover e facer frío e todas esas cousas que pasan no inverno. Por certo, estame diagnosticando algo? :D

    siloam, moitos bicos e unha aperta enorme :)

  7. cossimo Says:

    Si, presenta vostede o cadro típico da síndrome RML (remote-controlled middle-class leisure time). Vostede non concibe a súa identidade sen praia; é máis, non concibe a vida sen praia pero en realidade, “ir á praia” é un acto de consumo propio da estructura social do tardocapitalismo. Por iso, os seus bisavós non ían á praia e por iso nos destinos de sol do terceiro mundo os “guiris” son os únicos que se chamuscan por pracer. Os nativos son máis listos e simplemente se dan un chapuzón de cando en vez para mitigar a calor. Porque estar aí un día de verán ás 4 da tarde espatarrado recibindo directamente na pel os raios dun sol homicida, é un dos actos máis irracionais que un poida imaxinar. Só un proceso de alienación xeralizada pode explicar que milleiros de persoas sucumban a semellante acto de fanatismo (vostede dixit) tendo en conta ademais que a devandita “actividade” adoita implicar longos desprazamentos, atascos multihorarios e as disrupcións típicas das grandes aglomeracións humanas co conseguinte prexuizo para o medio natural.
    Así que siloam, por favor, non xeneralice. Estes días de sol danlle gusto a vostede. E paréceme ben. Pero espero que entenda que a outros nos poñen de mala hostia.

    P.D.: De nada e son 150 euros.:D

  8. cossimo Says:

    Xa sei que vostede é un escéptico pero saiba que as miñas opinións están avaladas pola ciencia.
    Un consello: a partir de agora debería ter máis coidado cando se bañe desnudo no noso mar.:D :D

  9. opaco Says:

    espero que entenda que a outros nos poñen de mala hostia.
    Que non lle pareza mal pero case morro a rir… :D

    Con todo, coa minuta que pretende pasar :P agardo me permita algunha pregunta,
    e o síndrome ese, ten cura?
    vostede non ía á praia de cativo?
    onde lle recomenda aos nativos de Vigo que se dean o chupo para refrescar, nos muelles da estación marítima da ría?
    e non será un deses que miran polo medio ambiente e teñen secadora e aire acondicionado en casa?

    p.d. para os días de sol homicida é máis recomendable ir ao rio :D

  10. opaco Says:

    ah, e debería ter máis coidado que os que se bañan vestidos? :D

  11. cossimo Says:

    Ui, ui, ui, o asunto está bastante peor do que eu pensaba. A ver: ten que ter clara unha cousa: aquí o paciente é vostede. Así e todo, e polo ben da terapia, tentarei satisfacer a súa curiosidade.
    1. O mellor remedio para os días de sol homicida é A SOMBRA. O feito de que unha solución tan obvia nin siquera se lle pase pola cachola delata a gravidade da súa patoloxía.
    2. Non, de cativo non ía á praia. Afortunadamente meus pais non estaban motorizados, eran moi responsables, moi moxigatos e moi fotofóbicos. Un exemplo: as tardes dos domingos de agosto pasabámolas no cine Avenida desfrutando dos programas dobres en sesión continua. Un entorno moito máis recomendable para un picariño que a axfisiante atmósfera (no sentido literal e no figurado) do Samil Omaíta de principios dos 80.
    3. Aos nativos da cidade olívica recoméndolles, por suposto, que apañen o carro, fagan 70 Kms, colapsen a península dalí enfrente e se aventuren por esas deliciosas canicouvas forestais sistematicamente transformadas en aceirados parkings rururbanos. Se van en 4X4 e estacionan enriba da area moito mellor. Mollar o cú en Barra ou no Hío ben merece o sacrificio. Outra opción sería comprar un dos chorrocentos adobados que se están a construir na zona. Pero claro, iso está restrinxido aos indies upper class.
    4. Si, eu son igual de victim cá vostede pero de momento non teño nin secadora, nin PDA, nin aire acondicionado. E ata lle recoñezo que por este último, en determinados momentos, sería quen de renunciar a todos os meus principios. Pero esa non é a cuestión. A cuestión é que vostede segue a estratexia típica de todos os negacionistas: rexeitar o evidente tentando desacreditar ao adversario. Acredite: eludir responsabilidades non resulta beneficioso nin para vostede nin para o planeta.
    5. “ah, e debería ter máis coidado que os que se bañan vestidos? :D”
    Quen está máis exposto aos queimaduras? Os que botan protección? Ás veces, fai vostede cada pregunta…
    6. Por último, permítame facerlle unha confesión megapersoal por se lle serve de algo. O único sitio onde estou disposto a pasar (moita) calor é na sauna (na finlandesa non, na turca tampouco; na outra). É unha forma de lecer igual de alienante e teledirixida ca calquera outra pero polo menos alí non discriminamos aos pajilleros.:D

  12. opaco Says:

    ui, ui, ui, digo eu :D
    Parece que tiña que comentar que un río sen sombra non entraba dentro das posibilidades, que aos rios para os que tiramos destacan polas súas sombras de eucaliptais, por iso mesmo optamos pasar aló os días de sol homicida.
    A conta do #3, nada que obxetar… dicirlle só que houbo algún propietario de 4×4 que ata se ofendeu por que chamasen á garda civil por eso mesmo que vostede comenta. Contei que comentaría algo do vitrasa ou de ir en veleiro :P
    Á resposta 4, non lle busque intencións, nada máis lonxe da miña intención de desacreditalo, e lembre que de foi vostede quen dixo que sería quen de renunciar aos seus principios por un a/c :D
    Diga ben, que no #5 están máis expostos ás queimaduras os que toman o sol sen roupa, sen protección e sen sombrilla, pero iso non ten nada que ver con bañarse espido.
    e #6, ve como ao final estamos todos teledirixidos? :D:D:D

  13. cossimo Says:

    Pois iso. Están máis expostos ás mordeduras dos voraces peixes tropicais os que se bañan sen roupa e sen protección. Basta de tanto proselitismo nudista. Pero é que non se decatan que ninguén os vai librar das camisinhas subacuáticas?. Mire na hora na que llo digo!
    Vou pasar por alto o comentario ecófobo e clasista sobre vitrasas e veleiros; saiba que me ofendeu de verdade porque eu… adoro veleiros!
    En fin, parece que por desgraza, esta fin de semana vai poder voltar a Viñó. Como teño bo perder voulle dar a noraboa por iso e tamén polo seu bo humor.
    Pero iso si. A semana que vén toca ghalerna eh?

  14. opaco Says:

    ui, ui, ui :D
    De ecófofobo e clasista, nadiña de nada, era apenas por pensar nun medio de transporte pouco contaminante, aínda que pensándoo ben, o do vitrasa non casa :)
    E non será máis clasista pensar iso mesmo? :P
    Podería pero non, creo que este fin de semana andarei polo norte, onde ata en inverno fai frio :P

    Por certo, disque non hai nada como navegar a vela en bolas :D:D

  15. cossimo Says:

    “disque non hai nada como navegar a vela en bolas :D:D”
    Ei, que unha cousa é a libertá e outra a libertinaxe.
    Non sei, pero ocórrenseme algunhas cousas máis estimulantes para facer en bolas!

    P.D: Descúlpeme pero vostede está na berza. Ferrol, por exemplo, tamén queda dentro do trópico de Cáncer

  16. opaco Says:

    …ocórrenseme algunhas cousas máis estimulantes para facer en bolas!

    o comentario textil do cotío :P a ver, que cousas? xogar á petanca? :P:P

  17. cossimo Says:

    Oia, a min non me chame textil, eh! :D

    “a ver, que cousas? xogar á petanca? :P:P”
    Non. Ler a Proust. Á sombra.

  18. peke Says:

    Pero que divertido está isto? ;)

  19. siloam Says:

    ai diox mio!! que eu só pasaba por aquí a deixarlle un bico opedriño e demais familia…se eu contáselle, no meu pobo poñen sombreo de sega, se señor, para non renegrecer (son do interior, das netrañas de galicia), pero mire, gústame moito buñuel (xa me vou por afluentes pero me deu pié); el dicía que como naceu en calanda, lle flipaban os bosques, e ademais como era bruto aragones-deportista, abafaba de calor á mínima, pero ao meu don luís resúltame admirable- a súa obra, que non o cococí, claro-, pero de aí a opinar o mesmo.
    ai que frio pasei hai pouco no pobo, e iso que a casa é de “rancio abolengo”, de paredes de 1/2 metro de pedra do pais, pero claro, dehabitada case todo o ano…os dous radiodores que hai danlle risa (é que dió preguiza acender a coiina de ferro), pero aquí estamos, iso se, durmín sepultada en mantas de zamora iso si, e polo día, ao cebola, capas, capas.
    que vou facerlle eu se son friorenta?, aínda así: o meu pobo o mellor, o máis bonito, dígoo porque coñezo máis sitios, así que o digo con coñecemento de causa, cof, cof. ,)

    volvo do afluente:
    cossimo, de verdade admíroo, ao meu non me dá tempo a visitar os blos que quixese unha vez por semana polo menos e vostede é un tertuliano nato, dito sen acritude, eh?
    chove en santiago, meu doce amor (lorca)
    ale, que luueva un pouquiño xa.
    curto e cambio.
    big hug!

  20. siloam Says:

    p.s: e opino como peke, non fun capaz de leer todo :P

  21. siloam Says:

    P.S 2: Menos mal que o río miño non entrou na trifulca, a ise nin tocalo , eh, que hai duelo :)

  22. cossimo Says:

    “cossimo, de verdade admíroo, ao meu non me dá tempo a visitar os blos que quixese unha vez por semana”
    E que son funcionario e ademais fóra da sauna, case non teño vida social.

  23. siloam Says:

    :DDDDDDDDDDD

Trackbacks/Pingbacks

Fala sen medo