SMS vs. Data
30 Xaneiro 2008
Na outra beira do Atlántico botaron contas do que custan os SMS e a nova chegou á portada do Slashdot a falar do verdadeiro prezo das mensaxes curtas, detallando como a transmisión duns arquivos mp3 que custarían só 1$ a través do proveedor de ADSL/Cable e que se se puidesen enviar a través do sistema SMS o seu prezo sería de 61.356.851$.
Hai uns meses hombrelobo tamén botaba contas parecidas ao preguntarse porque os SMS van a 1.123€ o Mb chegando a unha conclusión parecida.
Sendo que os SMS apareceron case que por casualidade, ao utilizar unha canal de control no sistema GSM só usado para notificar mensaxes no buzón de voz, saldos en tarxetas prepago,… é natural que as mensaxes fosen de balde, pero cando o servizo se masificou, ao ser un recurso limitado, as operadoras comezaron a cobralos.
O que xa non ten moito sentido é que se esas mesmas mensaxes se envían, e se reciben, como datos en terminais que utilizan redes 3G, se sigan cobrando a prezo de ouro, xa que o único que xustifica o seu prezo é que a canle que utilizan sexa limitada, cousa que non é no caso das redes 3G.

Agora o que boto contas son eu, e tal e como se comenta que este será o ano da internet móbil, boto man das tarifas dun dos novos operadores de telefonía móbil que se vén de presentar. Chámase Simyo e anuncia tal que así,
Puedes consumir hasta 100Mb al día por 0,99€ diarios. Si sólo te conectas un poco, te cobraremos 0,09€ por cada 100Kb.
E sendo que, polo de agora, este operador só permite conexións GPRS vexo practicamente imposible superar o límite dos 100Mb diarios.
Así, sabendo que con este operador 100Kb son só 0,09€ máis o IVE non está de máis saber que,
Con isto, só falta que se popularicen as aplicacións móbiles que utilicen as redes de datos e que aparezan tarifas de datos semellantes a esta que vén de presentar Simyo… e, por suposto, que as utilicemos.
Agora, boten vostedes contas.
Xaneiro 31st, 2008 at 12:41 pm
Jur jur, interesante…
Apúntome esta.
A nova de /. xa a vira, pero pensei que sería algo só aplicable ós EUA, non me parei a extrapolar ós nosos operadores…pero sí que é rentable o tema (para eles!)…
Febreiro 6th, 2008 at 7:02 am
xa o probei!!! E vai bastante bem!!! Non é ADSL pero para unha emerxencia….