O recurso non pode prosperar
Dous anos e medio despois de que un inmigrante pailán estragase uns dereitos e costumes inmemoriais, despois dunha sentenza en primeira instancia e despois dun recurso de apelación, a Audiencia Provincial pronunciouse,
A pesar dos esforzos da parte demandada, e agora recorrente, para deslixitimar as probas testemuñais, estas probanzas, completadas co interrogatorio dos contendentes, e a documental, son demostrativas certamente dos dous feitos que constitúen sendos presupostos para o triunfo da acción tuteladora da posesión desplegada, o feito da posesión do dereito de paso polo demandante, e o feito do acto perturbador e de despoxo posesorios do demandado.
…e aínda que as declaracións testemuñais teñen que ser examinadas e tomadas en consideración con certa cautela e reserva, pois algunha das testemuñas, como propietarios de fundos no lugar, poden ter interese no resultado deste preito, non é menos certo que as súas afirmacións son coherentes, sólidas, pormenorizadas, espóntaneas e, en definitiva, creibles. E esas testemuñas aseveran tanto o feito posesorio continuado e mantido no tempo, como o acto despoxante coas obras do demandado, tal como as realizou. E ata a testemuña X, antiga dona dunha franxa de terreo vendida ao demandado, recoñece a existencia do paso (único, segundo as súas afirmacións) polo vento Este do predio deste último. E a testemuña, X, anterior propietario da outra parte do fundo, tamén admite que polo mesmo, e por ese vento, se pasaba. En definitiva, a proba testemuñal é claramente favorável á tese do demandante, e aparece, en último termo, refrendada, alomenos en parte, polo interrogatorio do propio demandado, quen admite que polo seu fundo “en algún momento pasaban”
E en segundo lugar, as probas documental fotográfica e catastrais reflictan por igual o camiño polo vento Este, elemento que, en último termo, aparece na propia titulación do demandado, baixo o expresivo nome de “sendeiro”.
…
O recurso non pode prosperar
…
Que rexeitamos o recurso de apelación…
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido…
Foi unha alegría moi grande e máis o será cando se recupere o camiño roubado. Mentres tanto, e antes de que nos engole a cidade cos seus PERIs, promotores, constructores, ladrillo, formigón e piche, os veciños falaban en montar unha churrascada.
Estando nós nestas, os pailáns propietarios, os pailáns constructores e mais os pailáns gobernantes seguen fregando as mans facendo plans e previsións cifradas en millóns de euros pensando, disque, no beneficio de todos.

E nós, ilusos, fregamos as mans pensando en que todo vai volver ser como antes.
Xaneiro 24th, 2008 at 9:45 pm
Parabéns!!
Xaneiro 26th, 2008 at 1:00 pm
Parabéns. Alomenos polo de agora.
Convide cando abran o camiño para pasar con vostede por aló.
Xaneiro 26th, 2008 at 9:07 pm
Noraboa.
Xaneiro 27th, 2008 at 12:36 am
obrigado meus, agora falta o camiño :D
Xaneiro 27th, 2008 at 2:16 am
Parabéns