18 no 14!

Nas xuntanzas de coches clásicos é costume que haxa un premio para o participante que chega desde máis lonxe, pero a cita do 18 no 14! non ía diso, así que os 560 que lle sumei á cifra do tacómetro quedaron en nada, xa que non contaban para o sorteo que alí se celebrou.

Como xa deron conta e documentaron en casa ghanito e mais en casa besbe, só podo dicir que foi un pracer estar noutra destas, navegando entre o blogmillo nun espazo reducido e sen necesidade de aparellos electrónicos, indo de blog en blog apenas dando uns pasos.

Houbo risas, moitas risas, palique, empanada, bolachas, puxemos a feder aos que non asistiron, coma sempre ;-), boa música, libro de visitas, momentos frikis, fotos, moitas fotos, moitísimas fotos e máis risadas.

libro de visitas beliscos do porco

A mágoa foi non poder, ou non saber, saudar a unha manchea de caras descoñecidas que se vían por alí, pois probablemente as súas letras fosen coñecidas mais non parecía un bo plan o de ir preguntando; e a túa url, cal é?

E malia que o(s) día(s) seguinte(s) sufrín as consecuencias do esforzo non só quilométrico, saiban que o volvería facer.


3 Responses to “18 no 14!”

  • ghanito Says:

    Grazas por vir, sen ti a festa non sería a mesma.

    (e non teño que aclarar que sería pior, non millor :lol: )

  • peke Says:

    Algúns chuparon mogollón de cámara, por exemplo Ictioscopio. Doutros non sei o nome pero hai dous de xerxei a raias que tamén chuparon o seu. A ti só te vin en tres ou catro. Moito se bebeu, non? ;)

  • ictioscopio Says:

    Ei, peke! eu non chupei! metéronma nos fusiños! :P

Leave a Reply