A xente de Strange Maps achegounos esta semana un novo mapa, o Europa Polyglotta no que se amosa un mapa publicado por Gottfried Hensel en 1730 cunha Europa separada en diferentes áreas lingüísticas coa transcripción do comezo do Noso Pai en cada unha delas.

Europa Polyglotta Hensel

Como é costume de Strange Maps, descríbese o mapa con grande detalle pero, con todo, dá un mapa bastante irreal desde o momento que pon que aquí se fala vasco, cando o seu sería que a influencia da Lusitania chegase ata este recuncho noroeste, ou que no sur da península ibérica aínda se fala árabe (mauritano).

Nestes días o mapa leva dado voltas por moitas páxinas, e entre elas, ademáis de Chuza, tamén chegou ao recomendable Languagehat, un blog sobre línguas que non pode pasar desapercibido, no que descubrín a ligazón á páxina ucraniana orixe do mapa, na que si se inclúen os outros tres mapas que fixo o autor, o de Asia, o de África e mais o de América .

Mapas de Galiza na colección Ryhiner

Pero non satisfeito coa resolución dos mapas seguín a busca e din co grande achádego na Universidade de Berna, onde se aloxa a colección Ryhiner, ata 16.000 mapas históricos do mundo enteiro desde o século XVII ata o XIX a grande resolución e navegables, entre os que se inclúen os catro mapas da Polyglotta Hensel e milleiros máis só para o noso pracer visual. Quedan convidados.

Foron 3 que dixeron... to “Europa Polyglotta e porno cartográfico”

  1. Calidonia Says:

    Impagábel, as always.

  2. peke Says:

    Curioso.

  3. X Says:

    Parabéns polo post, resultoume moi interesante.

Trackbacks/Pingbacks

Fala sen medo