Se ben a última versión do Netscape Navigator, a 9.0.0.5, era o Mozilla Firefox cun pelexo de Navigator, agora a AOL vén de anunciar a data da morte definitiva do Navigator ao deixar de darlle soporte a partires do primeiro de febreiro e recomendar directamente utilizar o Firefox.
Quizais a xente nova, ou que non accedeu á rede ata este século, non coñeceu ao Netscape Navigator, pero foi o navegador no que lle chegou a web a min e a tantos máis. Hai dez anos era a única opción para navegar pola arañeira, pero as políticas de Netscape e mais a inclusión do Internet Explorer 5.0 de Microsoft nos seus Windows durante a guerra dos navegadores de finais de século acabaron con Netscape desaparecendo da web, non sen antes liberar o seu código fonte, do que anos máis tarde xurdiría o Mozilla Firefox.

Se non lembro mal, o primeiro navegador que utilicei para achegarme ata aquí foi o Netscape Navigator 2.0. E ti, lembras o teu?
Non lembro cal foi a versión do netscape que empreguei a primeira vez, mais debeu ser neses anos da versión 2.0, 1995 ou 1996 na facultade.
Eu tampouco recordo que versión era, pero foi alá polo ’98 – ’99
Foi o Mosaic, cando comezou Infovia en febreiro do 96
Moitos beixos e moita felicidade para 2008 da familia pelacha!
mejonodemo!…que ni me acordaba: feliz ano!
bico pedriño!