Roubos de Movistar con BlackBerry en compló
22 Decembro 2007
Por se non chegaba con todas as lideiras nas que ando enredando, esta semana cedéronme un BlackBerry Curve para que o probase. O servizo BlackBerry xa o tiña probado, con outro operador e sen ter que me preocupar coa factura, e malia saber como as xogaba Movistar na factura á hora de tarifar os datos, fun probalo en carnes propias.
E é que para todo novo usuario de BlackBerry en Movistar é unha obriga ler un dos post nos foros de Besadmin, no que ayenasu explica como eliminar os accesos a emocion desde BlackBerry, pero non de xeito definitivo, xa que despois de desconectar o terminal, e ao volvelo prender, eses accesos se volven a configurar por defecto, cousa que no meu caso adoito facer por acceder á tarxeta microsd ou á sim debaixo da batería. Así que, por comprobar se funcionaba creo que me pasei facendo probas,

Comprobando cada pouco os consumos online, chamei ao 609 de atención ao timado por tentar dar con alguén que me puidese contar algo novo, pero de nada valeu tentalo, Movistar sempre fará por que o consumo de datos, que non sexan correo electrónico, desde un terminal BlackBerry se considere feito a través dun inútil acceso chamado emoción ou e-moción, co que cada sesión de acceso a internet convértese en 50 céntimos que che han coller do teu peto por moito que teñas tamén contratada calquera desas que chaman tarifa plana internet móvil.
Unha mágoa que un equipo tan competente na xestión do correo electrónico e dalgunha outra aplicación con vocación móbil dese cun servizo tan usurero á hora de tarifar o consumo de datos pois a rapidez que farían esquecer algún dos dealbreakers que, en base ás miñas necesidades, non o fan o meu aparello ideal.
Se alguén quere ampliar información do timo de Movistar aos usuarios BlackBerry, unhas ligazóns a seguir,
Telefónica + Movistar BlackBerry = Timo
Tima Movistar a los clientes novatos de BlackBerry?
Increíble lo que me está pasando con Movistar y la BlackBerry
El timo de BlackBerry de Movistar
Movistar y los cargos de Emoción
El servicio BlackBerry de Movistar es “emocionante”
Pola miña parte, solucionei apagando o BlackBerry para non volvelo prender e devolvendo a tarxeta SIM ao Treo, que co paso dos anos converteuse nun ladrillo cunha competencia que pouco ten que envexar a terminais máis modernos e estilizados.
Agora falta ver como é que se vai apañar Movistar para meterlle aos futuros usuarios do iPhone o servizo emoción. Tempo ao tempo…
Abril 23rd, 2008 at 9:05 am
Excelent post, sigue con el buen trabajo!