Primeira avaliación
13 Decembro 2007
As primeiras cualificacións de verdade que trae opedriño, e que compartimos, son estas,

Á vista delas non puidemos estar máis de acordo co de que só escoita cando a el lle interesa. No que discrepamos é no de gozar coa aprendizaxe de cancións en inglés; o que é na casa, cántanos ao seu xeito cancións en galego, catalán, español, inglés e portugués, porén será un problema coa canción e non coa língua. Manterémolos informados.
Decembro 13th, 2007 at 2:09 pm
E para que queren que aprenda a manexar un lapis? E o teclado? non é abondo que se manexe co teclado?
Decembro 13th, 2007 at 2:10 pm
Hihih, bueno, non vira o dos membros da familia… hihihih… e a quen deixa fóra da lista?
Decembro 13th, 2007 at 10:31 pm
hehehe cando lle preguntamos polos membros da familia é unha desas veces que fai o xordo :P
e, polo menos, o lapis do PDA cólleo como lle din na escola, coa punta dos deditos :)
Decembro 14th, 2007 at 6:24 pm
Que modernas son as cualificacións.
Xa non sei onde quedei eu, non sei se estou suspenso no tempo ou só preciso mellorar, pero esta claro que son non apto.
Decembro 16th, 2007 at 5:26 pm
Si, que modernas son esas cualificacións. Parece que progresa, ou iso é o que se deduce.
Decembro 16th, 2007 at 11:35 pm
É verdade, sonche ben modernas as cualificacións de agora. ¿Onde quedaron eses Progresa Adecuadamente? e os míticos PA +, cos que ías para casa todo cheo co sabor de facer ben as cousas… ains, cantos recordos :_