Monthly Archives: Decembro 2007

Netscape ist tot

Se ben a última versión do Netscape Navigator, a 9.0.0.5, era o Mozilla Firefox cun pelexo de Navigator, agora a AOL vén de anunciar a data da morte definitiva do Navigator ao deixar de darlle soporte a partires do primeiro de febreiro e recomendar directamente utilizar o Firefox. Quizais a xente nova, ou que non

Mapas de calor de voos baratos

Souben dos mapas de calor de Skyscanner, unha das miñas marquiñas á hora de procurar por voos de compañías aéreas de baixo custe, en el mundo de los mapas, onde, neste caso desde Compostela, pódense ver os prezos dos voos aos destinos onde operan estas compañías de baixo custe reflexadas en diferentes cores segundo sexa

Roubos de Movistar con BlackBerry en compló

Por se non chegaba con todas as lideiras nas que ando enredando, esta semana cedéronme un BlackBerry Curve para que o probase. O servizo BlackBerry xa o tiña probado, con outro operador e sen ter que me preocupar coa factura, e malia saber como as xogaba Movistar na factura á hora de tarifar os datos,

A Biblia segundo Google Earth

Pois iso, que moitos pasaxes dese libro teñen sido representados na arte pero nunca deste xeito. A xente de The Glue Society na súa obra God’s Eye View -Á vista dos ollos de Deus- representa catro relatos bíblicos coma se fosen capturados no Google Earth. Arriba, Moisés separando as augas.

A vítima, o elo mais fraco

Hai mortos, armas, drogas, cartos, futebol, extorsións, testemuñas medoñentas… e non é unha serie de televisión. Non é Tony, nin é un Soprano, nin está en New Jersey. Chámase Bruno, disque non é do gangue da Ribeira, e ocorre no Porto, aí ao lado. As radios ao sur do Minho falaban da Operação Noite Branca

Primeira avaliación

As primeiras cualificacións de verdade que trae opedriño, e que compartimos, son estas, Á vista delas non puidemos estar máis de acordo co de que só escoita cando a el lle interesa. No que discrepamos é no de gozar coa aprendizaxe de cancións en inglés; o que é na casa, cántanos ao seu xeito cancións

Letra trabucada: Ken touched this

A ler das Xornadas da Comunicación que se celebran na Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra, ás que cheguei a través do Zuhause, saltei á páxina onde el soubo desas Xornadas, a de The Hidden Persuaders, onde din cun video, que seica atopou en I believe in advertising, dunha campaña para a escola de idiomas