Der perfekte Begleiter
O certo é que estou alucinando co novo aparello. Como exemplo das súas posibilidades, adicado a Spav e só por fedellar, xa que sería máis cómodo facelo no portátil, esta entrada vai feita desde o N800.
Despois duns días a facerme preguntas estrañas, o conto foi que opedro e mais a súa mamá tiñan unha sorpresa para min, un agasallo en forma do teclado bluetooth ao que xa lle puxera data. Tiña pensado nel para primeiros de ano, pero aquí deron sabido das miñas preferencias e logo de chegar a casa estaba vendo como configurar o teclado bluetooth dun Dell Axim no N800.
Teclado conectado, abro o navegador. Quero editar unha foto da tarxeta coa que lle sacara unha foto a opedro. Poño a tarxeta no N, vou a snipshot, unha páxina lixeira para subir e editar imaxes online; súboa, recórtoa e póñolle o ancho deste blo e gárdoa. Abro o wordpy, comezo a escribir e, sen romper a cabeza a configurar o teclado nin a conexión a internet, estoulle dando a Publish.

E só por uns cantos textos coma este paga a pena.
p.s. agardo saiban desculpar estas entradas filogeeks :D
Decembro 1st, 2007 at 1:06 pm
Nada de desculparse!, queremos máis entradas filogeeks! :D
Qué regalazo, a verdade é que nin que lle leran o pensamento. Está moi chulo o aparelliño…e funcional non digamos…
Vou ter que ir aforrando…tarde ou temprano será meu! :)
Decembro 1st, 2007 at 6:00 pm
o pensamento non sei, pero se lle leron o blogue eu xa vira o do teclado bluetooth :lol:
Decembro 2nd, 2007 at 7:33 pm
pois si que acertaron, si