Nokia non só fai teléfonos e un exemplo dun deses productos é o Nokia N800 Internet Tablet que, malia poder imitar un telemóvel, vén sendo un aparello inarámico nacido para estar online, conectado a internet ben vía wifi ou ben a través dun teléfono vía bluetooth, algo que tamén confirma o software instalado no aparello.
Pero o seu punto forte é o seu sistema operativo que, baseado nun Debian Linux, deixa a porta aberta a aplicacións desenrroladas por unha comunidade que vai aumentando a cativa achega de software oficial, adaptando a esta plataforma centos de aplicacións libres, entre as que se pode atopar algunha como Vagalume, nome que non deixa lugar a dúbidas sobre a súa procedencia.

E foi nestas, lendo páxinas e máis páxinas sobre este aparello, que de súpeto xa estaba poxando por un par deles en ebay, tentado pola liquidación de stocks á vista da chegada ao mercado do seu sustituto, o N810, e mais polo baixo prezo do dólar.
Despois de estar seguindo varios artigos por uns días, fixen un par de poxas no último minuto sen éxito, sendo superado en ambas as dúas por unha cantidade importante de dólares. Decidido por un Cómprame Ya, recibo correo cunha oferta de venta ao segundo poxador, que no meu caso foi á terceira poxa máis alta e, tan tentadora foi, que non fun quen de rexeitar nin ao engadirlle os gastos de envío.
E si, malia que o N810 saia nuns días ao mercado e inclúa algunhas melloras, coma o GPS e mais o teclado físico integrado, o N800 será recibido en casa opaco por unha chea de tarxetas SD (o novo N810 só soporta tarxetas miniSD), un receptor GPS bluetooth e un teclado bluetooth que levo para comprar desde os tempos da Tungsten T, así que case que teño preferencia polo modelo a descatalogar. Con todo, o que me acabou por decidir a compra foi o barato que sae comprar dólares, que seguen a baixar de prezo.
Agora, xa me tarda… na espera, haberá que buscarlle nome.
aiiiiiiii que ganiñas lle teño!!
aperta meu
WoW!, ten unha pinta caralluda. Xa contarás como vai de batería, que eu teño gañas de meterlle o dente a unha así :-) ~~
opaco, me cago en ti!
XDDDD
ra, segue cagándote na xente que xa verás como nos vos vai ninguén á festa de aniversario da nevera :P
Pasádeo ben ;)
daquela, me cago en quen non vaia!
yo me lo pillé (gracias paco)
a rascala por ahi
Ei, meu, pois espero que che preste o Vagalume, ainda o comecei há pouco mas penso que funciona mais ou menos bem.
Já contarás que tal! :-)
Xa sabes que te odio! :)