Oito praias (nudistas)

3 Novembro 2007

A encarga de Calidonia é a do último meme a andar pola rede, quizais un dos menos imaxinativos á hora de poñerlle un nome, o meme das oito cousas. Seica vai así,

-Oito cousas a listar, as que sexan.
-Escribir esas 8 cousas no blogue e explicar como vai o meme.
-Seleccionar a 8 persoas para que o sigan e poñelos no blogue.
-Deixar un comentario no blogue conforme foron convidados a xogar e facendo referencia ao propio -post “O meme das 8 cousas”

Así que vou aproveitar o meme para facer unha anotación de servizo público e deixar aquí unha listaxe de oito praias galegas, todas elas de tradición nudista, que adoitamos visitar e nas que non sería difícil toparse connosco calquera día de calor.

  1. Arealonga, tamén coñecida por ser a de Baroña.
  2. Viñó, pegadiña á de Barra e onde chega moita xente pensado estar en Barra.
  3. Barra, quizais a praia nudista máis coñecida fóra de Galiza.
  4. Figueiras, coñecina como a dos Alemáns, nas illas Cíes.
  5. Carreirón, calquera praíña da banda oeste do parque do Carreirón da illa de Arousa.
  6. Combouzas, tamén coñecida por Barrañán, á que se une coa maré baixa.
  7. Fortiñón, ou a dos Muíños, malia ser coñecida como a de Saiáns.
  8. Melide, na illa de Ons.

Colocadas sen ningún orde establecido, de ter que ordealas faríao segundo fose a distancia máis longa a percorrer desde a praia para atopar un coche estacionado. Hai máis praias nudistas que estas, pero na encarga deixan claro que só queren oito cousas, como oito deben ser os convidados condenados a seguir co meme.

E tamén ao chou saen Spav, Desorde, Marialado, Sonia, Cossimo, Dot, Nuno e mais o Boss.

Foron 5 que dixeron... to “Oito praias (nudistas)”

  1. Spav Says:

    Xa me tardaba…4 días despois de volver ó blogomillo, un meme. Bueno, que conste que como ten un certo punto de liberdade dentro desas 8 cousas, fareino gostosamente.

    Qué morriña lle tiña a isto de volver postear :)

  2. emereci Says:

    vaia, vaia, pois ao chou haberá que tomarlle a palabra. tamén o farei con gusto.
    apertas!

  3. Calidonia Says:

    Iso é un meme ben explicadiño, non como fan outros :-P

  4. je bois Says:

    Já está :) obrigado pelo convite

  5. maria clara! Says:

    que horriveel!
    mell dellls!
    nunca iria numa praia de nudismo!
    que horror!

    beijão!

Trackbacks/Pingbacks

Fala sen medo