Monthly Archives: Novembro 2007

Der perfekte Begleiter

O certo é que estou alucinando co novo aparello. Como exemplo das súas posibilidades, adicado a Spav e só por fedellar, xa que sería máis cómodo facelo no portátil, esta entrada vai feita desde o N800. Despois duns días a facerme preguntas estrañas, o conto foi que opedro e mais a súa mamá tiñan unha

N800: primeiras respostas

Só hai que preguntar ao google para saber de toda a xente que xa ten falado do aparello novo que temos en casa, pero logo duns días de fedellar non podía deixar de comentar as primeiras impresións. Ao primeiro de o coller nas mans, o N800 dá a impresión de ser ben forte e moi

Remexendo nas tripas

Apenas comentar que, por fin, me decidín a actualizar o deseño do blo e mais a actualizar á última versión do wordpress. Atrás queda un deseño que nos acompañou durante case dous anos, pero non era, sen tempo, hora de lavarlle a cara. O certo é que contaba con que me dese máis problemas dos

Santiago a vista de paxaro

Se hai uns meses a noticia era que Virtual Earth viña de engadir ao seu servizo de mapas as imaxes das cidades de Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra, desta vez anuncian unha actualización. A cantidade de datos actualizados este mes é impresionante, xa que 33,7 Terabytes de información viñeron a engadirse ao seu servizo. Entre

Teletipos

O sinal máis evidente do choio destes últimos días foi a necesidade cotiá de prender á rede eléctrica a miña ventana ao mundo. E é por ese medio que vou recibindo teletipos conforme van acontecendo. Un correo, onde me dan por asignado e rexistrado un dominio .es con ñ de Esparta que non vou usar.

Entre as bolas

Na mesa, os bocatas de nocilla e mais os sandwiches de xamón, queixo e chourizo. As patatillas, espachurradas polo chan. Galdrumadas por todas partes, coma os globos, o papel dos agasallos e as serpentinas, e todo regado cunha mistura de cocacola e fanta. Pero chegou un día que os pais quedaron cheos de que as

Gato prematuro

A min tamén me pasou. No chimpo dado desde o tigre ao leopardo, e facendo actualización sobre o sistema anterior, algo non foi como era debido e vinme obrigado a facer unha nova instalación pero, desta vez, botando man dunha das opcións de instalación, a de arquivar e instalar, coa que se instala o sistema