Bilingual wikipedia
27 Outubro 2007
A estas alturas, dóenme os ollos cando vexo un pc co explorer como único navegador instalado e malia que poida haber algunha páxina que non se vexa ben co firefox, se ese pc pasa polas miñas mans, non me queda outra que instalarlle o firefox e explicar algunha das súas posibilidades. Seguro e estable como o que máis, o seu mellor valor é a comunidade de usuarios que, de xeito constante, desenrola novas funcionalidades que o fan aínda máis configurable.
E onde a implicación dos voluntarios aparece como unha das maiores prestacións do firefox é ao considerar os engadidos; de necesitar que o navegador faga algo determinado, seguro que alguén antes ca ti tamén o precisou e foi quen desenrrolar unha extensión, pero aínda máis estraño é atopar unha extensión que nin imaxinaría que existise.
E así foi que din en sólo otro blog infame cunha extensión que permite amosar un artigo da wikipedia en dúas linguas diferentes na mesma páxina, por exemplo, en galego e mais en alemán.

Con esta extensión, chamada wikipediabilingual, ao ir a unha páxina da wikipedia conséguese, cun só clic nunha das ligazóns da sección de outras linguas, dúas columnas paralelas coa páxina na súa lingua orixinal e mais na outra elixida.
E de considerar que o artigo che presta máis na outra lingua, hai un this language full screen, que leva á Wikipedia nesa lingua a pantalla completa. Moi recomendable, paga a pena os recursos que poida consumir.
Fala sen medo