Mapas estranhos

20 Outubro 2007

Se hai unha páxina que ten a especial habilidade de xuntar nun mesmo lugar os mapas máis estraños, curiosos e interesantes que circulan pola rede, non pode ser outra que a de strange maps.

Por mor do pouco tempo que houbo para o lecer estes días, foi que deixei unha chea de anotacións pendentes de lectura no bloglines e, entre elas, algunhas das súas anotacións, como este mapa de dominios de países segundo a súa poboación do .ad ao .za,

cctlds por poboación

ou este outro que amosa unha representación do ano 1937 no mundo, no que se destacan as guerras que se sofrían na China e mais nunha España dividida entre a zona gubernamental e mais a zona insurxente mentres en Europa ían elixindo bando para a próxima guerra mundial.

Europa en 1937

De estar interesado no mundo dos mapas, ou da xeografía, historia, ilustración, ou calquera outro experimento que se poida facer sobre mapas, paga a pena mergullarse nos arquivos desta páxina e ler as historias que se agochan detrás.

No mesmo lugar ás mesmas horas, outro achádego sobre cartografías sobrias pero coloristas, este mapa de Europa na que se representa a predominancia de cabelos loiros entre a poboación.

cabelos loiros en Europa

Ou este outro dos grupos lingüísticos en Europa, cunha colorida e clara representacion dos espazos ocupados polas diferentes linguas.

mapa das linguas de Europa

E aínda hai moitos máis, unha sorprendente colección de mapas de Europa, da man da eupedia, que van desde as clásicas representacións demográficas ata… pasen e vexan.

Algun dixo que... to “Mapas estranhos”

Trackbacks/Pingbacks

  1. Calidonia » Arquivo do blog » Loiros e loiras

Fala sen medo