Deformación controlada

7 Outubro 2007

Non sei como cheguei alí, pero din cun foro onde o usuario Manu Bus encheu un fío cunha manchea de publicidade de carros de finais dos anos setenta. Nunha delas, líase así,

Sobre una pista de pruebas y ante notario, un piloto especializado, ayudado de una rampa, logró volcar un Seat 131 de serie. Tras cinco vueltas de campana, el coche continuó su marcha sin ningún daño considerable en la estructura. En el Seat 131 el habitáculo de pasajeros es indeformable. Un triple anillo de acero lo protege. Esto es seguridad. El Seat 131 cumple las normas internacionales de seguridad más rigurosas. Porque un coche de hoy, debe ser así.

Desde entón a tecnoloxía aplicada aos carros mellorou moito a capacidade de evitar un accidente, a seguridade activa, pero moito máis a capacidade para reducir as consecuencias, a seguridade pasiva.

dummi

Absorver a enerxía dunha colisión polos lugares apropiados para manter a integridade da gaiola que protexe aos ocupantes, xunto cos avances conseguidos nese campo fan posible que as consecuencias dunha colisión non sexan as que sufrían os ocupantes de coches de apenas hai uns anos. Vendo este fío dun foro francés, ou o clásico libro dos Car crashes & other sad stories, decatámonos de que os avances conseguidos na seguridade pasiva, ademais de salvar moitas vidas, fixeron os coches irrecoñecibles.

Nun video do programa Fifth Gear fan unha proba de choque.
Forza bruta fronte a intelixencia. Un Volvo 940 SW, con 15 anos ao lombo e a derradeira evolución dun deseño dos primeiros oitenta, case que cinco metros de coche grande, e un VOLVO, coa súa reputación de seguridade; da outra banda, un Renault Modus, moderno, lonxe de chegar aos catro metros de lonxitude pero abondo para levar á familia e mais as súas publicitadas cinco estrelas no NCAP

A leis da física poñen ao pequeno en desavantaxe co grande, pero…

a física manda e, a base de deformar o coche, o resultado amosa a realidade da evolución técnica dos últimos quince anos nun choque frontal a 64 km/h. Medo dá pensar no que sería do 131, con ou sen notario.

Adicado a todos os de carro grande, ande ou non ande.

Foron 4 que dixeron... to “Deformación controlada”

  1. F. Miguez Says:

    Un vídeo moi didáctico, sí señor, sobre o que son as estructuras de deformación programada e outros avances. Pero conste que non me parece totalmente serio e científico porque ¿qué tería acontecido nese choque si o Volvo fose contemporáneo do Renault? Máis serio que dicir “os coches pequenos poden ser máis seguros que os grandes” sería ter dito “canto máis moderno sexa un coche, mellor se comportará este en caso de accidente” (a excepción dos coches Made in China, que coido que foi do primeiro que lin neste seu blog :D ).
    Por certo, un pouco cafre andar entre os cascallos dos coches sen guantes, co facil que é ferirse cun anaquiño de vidro ou unha lata rota…

  2. opaco Says:

    totalmente de acordo en que non é serio e científico, nin creo que o pretendan ser, así que quedamos con esa frase de “canto máis moderno sexa un coche, mellor se comportará este en caso de accidente” independientemente do seguro que puidese ter sido para os estándares da súa época, e, por suposto, deixando fóra os chineses ;)

  3. SHS Says:

    Deploro o inciso raposeiro neste discusión científica, pero non será un video/post a prol de andar mudando innecesariamente de coche…

  4. opaco Says:

    home… só se ten un 131 como coche do cotío, entón si que é recomendable cambialo por un coche máis moderno e, claro está, conservar o 131 coma un clásico :P

Trackbacks/Pingbacks

Fala sen medo