Moito antes de que se popularizasen as redes p2p, os máis dos arquivos de audio andaban pola rede en formato wav. Cría que o esquecera, pero unha anotación no blo de Abuse Magazine cos anuncios da gaseosa La Cruz del Gorbea, fíxome lembrar que xa baixara en formato wav eses anuncios, daquela todo un éxito, á vez que praga, nos IRCs, nos servidores de news e mais en geocities, a onde chegara desde os BBS.

Había anos que non escoitaba as historias da Maritxu, dos limones salvajes de Markina, dos partidos do Atleti,… Había algunha outra que non escoitara, como das orellas do Ibarretxe ou do maketo de Bilbao residente en Mondoñedo, e esquecera por completo que non existía unha gaseosa que se chama La Cruz del Gorbea.
Dezasete pezas de puro marketing, la hostia.
Gaseosá! Que lonxe parés isto xa no tempo! :D