à vista dunha nova desas que fala do que consideran o parque máis pequeno do mundo, ou de América, lembrei que tiña visto algo parecido, pero de aquÃ, do paÃs.
Levou tempo, e despois de practicar arqueoloxÃa dixital, á que o google bota unha man, cheguei ao que quizais poida ser considerado o parque infantil máis pequeno de Europa,
Recinto trapezoidal de, aproximadamente, dos por tres metros con un balancÃn de muelles en el medio (no caben más) y eso sÃ, atención al cartel. Queda terminantemente prohibido circular con vehÃculos de motor (tal cual).
que debe quedar pola banda de Culleredo pois, ademais de facer a descripción do parque, de aconsellable lectura, acompaña reportaxe fotográfica detallada, malia non sair no catálogo de parques do concello. Axudan tamén a situarnos outros posts deste mesmo blo, no que nos pon sobre a pista da incrible operación das Forzas de Seguridade do Estado para dar co ladrón de 46 galiñas no Birloque, ou sobre da reforestación levada a cabo aos pés do aeroporto, ou da invasión de circos a sufrir polas facilidades que se dan nese concello para a súa instalación.
Por certo, unha boa noticia para os xornais en verán serÃa que nos contasen dos avances nas pescudas realizadas para resolver o outro roubo do ano na área metropolitana de Culleredo.